Estades na recta final da vosa carreira, un momento decisivo que marca a transición ao mundo profesional. Desde a universidade queremos informarvos de que o voso Traballo de Fin de Grao ou de Máster (TFG/M) pode converterse en algo máis que un requisito académico: unha experiencia real con empresas, fundacións e entidades sociais a través da plataforma U4IMPACT.
Qué achega esta experiencia a túa formación
Gracias ao Programa financiado pola Xunta de Galicia, os estudantes da UDC podedes realizar o voso TFG/M con empresas da Rede de Polos de Emprendemento e Innovación, participando en proxectos locais de alto potencial e impacto no ecosistema galego.
- Consultar e inscribirse en proxectos de TFG/M en Galicia aquí
- Lembra: os proxectos teñen prazas limitadas e as inscricións pechan o 30 de novembro de 2025.
Dar o salto ao mundo laboral tras o teu TFG/M non é sorte, é oportunidade.
Antes do inicio deste programa, teredes un evento de presentación.
- Ferrol. Praza central do Campus de Esteiro o 16/09/2025 de 10.00 a 18.00 h.
- A Coruña. Casa do Estudantado-Campus de Elviña o 17/09/2025 de 10.00 a 17.00h.
Podedes visitarnos sen inscrición previa. Animádevos!!
Programa financiado por: