Teses de doutoramento

Theses De Successionibus Ab Intestato / Philipp Hofmann ; Sebald Leudung. Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported (c) Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported. Theses De Successionibus Ab Intestato / Philipp Hofmann ; Sebald Leudung

Normativa

Escola Internacional de Doutoramento: páxina que recolle a normativa estatal, autonómica e da Universidade da Coruña en relación cos estudos de doutoramento.

Nomenclatura de Ciencia e Tecnoloxía da UNESCO: trátase dun sistema de clasificación do coñecemento ampliamente usado na ordenación de proxectos de investigación e das teses de doutoramento.

 

Bases de datos

Españolas

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes :contén teses dixitalizadas defendidas en aquelas universidades que alcanzasen convenio de colaboración coa Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Ofrece un catálogo por materias, autores e universidades.

Dialnet: proxecto de cooperación bibliotecaria no que participa a UDC. Proporciona acceso a documentos publicados en España en calquera lingua, publicados en español en calquera país ou que traten sobre temas hispánicos. Ademais doutros tipos de documentos, recolle un gran número de teses de universidades españolas que na maioría dos casos están dispoñibles a texto completo.

RUC. Repositorio institucional da UDC: repositorio de documentos dixitais produto da actividade ciéntífica e institucional da Universidade da Coruña.

TDX- Tesis Catalanas: catálogo das teses de doutoramento lidas nas universidades de Cataluña, a texto completo. Pódense consultar por autor, título, palabras clave e universidade. Elaborado pola Biblioteca Dixital de Cataluña.

Teseo: teses de doutoramento lidas nas universidades españolas desde 1976.

 

Europeas

DART-Europe E-theses Portal: DART-Europe é unha asociación de bibliotecas de investigación europeas que conta co apoio de LIBER (Ligue des Bibliothèques Européennes de Recherche); entre outras tareas, desenvolve un portal europeo para o acceso a teses europeas en formato electrónico.

EThOS: e-theses online service (British Library): buscador de teses a texto completo.

HAL-Francophonie Afrique et Océan Indien: portal no que se poden consultar teses do mundo francófono. Ademáis, tamén ofrece artigos, comunicacións e outras publicacións académicas de interese. Mantido polo Centre pour la Communication Scientifique Directe do CNRS francés.

SUDOC: catálogo das bibliotecas universitarias francesas, recolle as teses lidas en Francia.

 

Internacionais

Dissertation.com: portal da editorial Universal-Publishers que permite consultar o resumo de milleiros de teses e, en moitos casos, ter acceso ao texto completo.

Electronic Theses & Dissertations Center (OhioLINK): teses de doutoramento electrónicas dos centros que participan no consorcio OhioLINK.

MIT Theses: contén unha selección das teses presentadas polos diferentes departamentos do MIT.

NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertation): proxecto de biblioteca dixital de teses, no que participan universidades e consorcios de todo o mundo. Permite buscas por autor, título, director de teses, universidade, materia. Algunhas con acceso ao texto completo en pdf.

OATD (Open Access Theses and Dissertations): Teses internacionais de libre acceso.