A Biblioteca da Universidade da Coruña forma parte ou colabora cos seguintes organismos:
- CBUG: Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia no que participan as tres universidades galegas, apoiadas pola Xunta de Galicia e co soporte técnico do CESGA. Xestiona o servizo de xestión integrada da información científica BUGalicia
- Dialnet: portal de difusión da producción científica hispan especializado en ciencias humanas e sociais.
- FECYT (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología): fundación pública dependente do Ministerio de Economía e Competitividade que ten como misión impulsar a ciencia e a innovación, promovendo a súa integración e o seu achegamento á sociedade, e apoiando as necesidades dos axentes do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación (SECTE).
- LIBER (Ligue des Bibliothèques Européennes de Recherche – Association of European Research Libraries): fundación europea que agrupa bibliotecas e institucións en materia de documentación.
- REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias Española): comisión sectorial da CRUE no que están representadas todas as bibliotecas universitarias e científicas españolas.