Podo fotocopiar documentos na biblioteca?
Onde podo adquirir a tarxeta para facer fotocopias?
Podo imprimir nas bibliotecas?
Podo facer fotocopias de calquera documento da Biblioteca?
Que fago se a fotocopiadora non funciona, lle falta papel, etc.?
Onde podo escanear?
Onde podo reproducir microformas?
Si, pero tendo en conta a lexislación vixente en materia de dereitos de autor.
Algunhas bibliotecas teñen unha ou varias fotocopiadoras de autoservizo que funcionan mediante tarxeta. Xa que as fotocopiadoras pertencen ao Servizo de Reprografía, calquera problema con elas só poderá ser resolto por dito servizo, aínda que o persoal da biblioteca poderá facer de intermediario.
Nos diferentes servizos de reprografía situados nos centros.
Si, en xeral todas as bibliotecas contan cunha impresora para o uso dos usuarios.
si, sempre que as súas características ou estado de conservación o permitan.
Todas as reproducións deberán ter en conta a lexislación sobre a propiedade intelectual: Real Decreto Lexislativo 1/1996 e Lei 23/2006
As fotocopiadoras pertencen ao servizo de Reprografía, calquera problema con elas só poderá ser resolto por dito servizo, aínda que o persoal da biblioteca poderá facer de intermediario.
Algunhas das bibliotecas ofrecen un escáner a disposición dos usuarios, pero non todas contan con esta ferramenta
Na sección de Acceso ao Documento do Servizo de Biblioteca (ed. Xoana Capdevielle, Campus de Elviña) existe un lector de microformas