RUC
Repositorio institucional da Universidade da Coruña
O RUC é un repositorio de acceso aberto creado para difundir e preservar a documentación dixital derivada da actividade investigadora, docente e institucional dos membros da UDC.
En RUC publícanse artigos de revistas, relatorios, teses de doutoramento e outros traballos académicos:
Documentos de investigación:
- Estes documentos, na súa maioría, son depositados pola Biblioteca a instancia de solicitude dos autores/as a través do arquivo delegado. Estes/as poñeranse en contacto coa súa biblioteca de centro e asinarán unha autorización para arquivar e difundir os seus documentos no RUC.
- No caso dos traballos publicados en acceso aberto e cunha licenza Creative Commons, a biblioteca poderá facer o depósito de forma directa sen que sexa necesario que o/a autor/a tome a iniciativa nin que se requira a súa autorización.
Teses de doutoramento:
Traballos académicos: traballos fin de grao/traballos fin de mestrado:
- Publicaranse no RUC aqueles traballos académicos seleccionados polas comisións responsables dos traballos.