BASES DE DATOS

PubMed
Ferramenta de búsqueda de libre acceso desenvolvida pola National Library of Medicine (NLM) de Estados Unidos. O seu componente principal é a base de datos MEDLINE que contén referencias de máis de 5200 revistas biomédicas.

PubMed ofrece en texto completo gran cantidade de documentos a través do seu portal de revistas electrónicas en acceso aberto, PubMed Central. Pero, para poder consultar o texto completo das revistas electrónicas suscritas pola UDC, cómpre configurar MyNCBI (a conta persoal en PubMed), seguindo estas instrucións.

Tamén podemos buscar en PubMed a través do móbil grazas á interface web PubMed Mobile, ou descargando algunha aplicación coma PubMed Mobile para Android, ou PubMed On Tap Lite para Apple.

Máis información en: "PubMed básico" [folleto], "My NCBI" [folleto], "Buscar en Medline con PubMed" [Fisterra.com]

 

CINAHL (Cumulative Index to Nursing and Allied Health Literature)
Base de datos especializada en enfermaría e outras disciplinas relacionadas coa saúde. O seu acceso realizase de forma restrinxida a través de EBSCO, que permite unha búsqueda simultánea con MEDLINE utilizando termos MeSH.

 

Dialnet
Plataforma que ofrece acceso á literatura científica hispana de temática multidisciplinar, incluíndo revistas, teses doutorais e publicacións en congresos. Destaca o servizo de alertas bibliográficas que informa a través do correo-e das novas actualizacións. Dialnet funciona como un proxecto cooperativo no que participa a Biblioteca de Oza.

LILACS
Base de datos de libre acceso que abarca a literatura científica en ciencias da saúde producida en América Latina e o Caribe. Lilacs está mantida e actualizada por BIREME, centro especializado da Organización Panamericana de la Salud (OPS).

Scopus
Producida pola multinacional holandesa Elsevier, unha das editoriais científicas máis prestixiosas do mundo, Scopus é a maior base de datos de literarura científica. É de carácter multidisciplinar, aínda que ao redor do 40% do seu contido está dedicado ó campo das ciencias biomédicas. O seu acceso é restrinxido.

SPORTDiscus
Base de datos especializada en deportes e medicina deportiva, que proprociona acceso a máis de 500 revistas en texto completo. É de acceso restrinxido, e a búsqueda realízase a través da plataforma EBSCO.

Web of Science

Plataforma de bases de datos da empresa Clarivate Analytics de carácter multidisciplinar. WoS permite realizar búsquedas simultáneas en varias bases de datos como Current Contents, Medline ou SciELO, ademáis da súa colección principal.

Dispón de ferramentas adicionais como JCR (Journal Citation Reports) que mide o factor de impacto das revistas, o xestor bibliográfico EndNote, ou Publons, un servizo web de balde de rexistro, verificación e métrica para investigadores.