PRÉSTAMO

Para levar un ou máis libros en préstamo é recomendábel consultar o catálogo Crunia e anotar a sinatura para localizar os libros con facilidade nos fondos da Biblioteca.

O proceso de préstamo lévase a cabo no mostrador da Biblioteca, onde será preciso autentificarse coa presentación da tarxeta virtual, dispoñible na aplicación da UDC para dispositivos con Android ou Apple.

As condicións do servizo en canto ao número de documentos que se poden levar e a duración do préstamo dependerá do tipo de usuario. [+ info]

Os libros en préstamo poden ser renovados sempre que outro usuario non o solicite. Todos os libros, estean en préstamo ou dispoñibles, poden ser reservados. Para levar a cabo os procesos de renovación e reserva cómpre acudir ao mostrador da Biblioteca, chamar ao teléfono 881 015 18, ou entrar na conta persoal de Crunia. [+ info]

O incrumprimento das normas de préstamo ocasionará unha sanción sen poder levar libros tantos días hábiles como libros teñas e días de retraso acumules. [+ info]

No caso de que o exemplar do libro non se atope nos fondos da Biblioteca de Oza, pode ser solicitado a través de Crunia ou no mostrador da Biblioteca. Unha vez que chegue o documento á Biblioteca o sistema avisará ao solicitante por correo electrónico e terá dous días para recollelo.

A Biblioteca de Oza dispón dun servizo de préstamo de portátiles e outros dispositivos como ratos, auriculares, atrís, anel de luz, trípode para móviles e tabletas, micrófono de solapa, cargadores para móviles e portátiles, Logitech Connect para videoconferencias de pequenos grupos, e estabilizador de vídeo para móviles.

O préstamo destes dispositivos está restrinxido aos membros da comunidade universitaria. Para poder facer uso deste servizo hai que cumprimentar unha solicitude de alta, dispoñible no mostrador da Biblioteca, válido por un curso académico, na que se explicitan as condicións do servizo.

A duración do préstamo é de seis horas, renovables. O material no pode saír fóra do recinto do Centro Universitario de Oza. O usuario é responsable do material que leva en préstamo e terá que devolvelo nas mesmas condicións que o recibiu.

Os portátiles que están en préstamo na Biblioteca de Oza son mantidos e actualizados con periodicidade, o cal mellora as súas prrestacións. Dispoñen dun sistema de conxelación que se activa ao peche da tapa, que elimina a actividade de anteriores usuarios.

Este servizo suministra todos aqueles documentos (especialmente artigos de revistas) que non forman parte das coleccións contratadas pola Universidade. 

Os custos deste servizo son de balde para membros da comunidade universitaria. Os usuarios externos terán que correr cos gastos dos documentos que soliciten. [+ info]

A solicitude de préstamo interbibliotecario pode facerse dereitamente desde o formulario electrónico (soamente cómpre encher o campo DOI e buscar); ou no proceso de busca de información en bases de datos, utilizando a ferramenta SFX.

Calquer persoa allea á Universidade pode solicitar o carné de usuario autorizado externo da Biblioteca. O proceso de solicitude lévase a cabo dereitamente a través de Internet. [+ info]