MOOCS |
Massive Open Online CourseCursos online masivos e abertos |
Qué son? |
Son cursos realizados a distancia, accesibles a través de Internet, aos que se pode apuntar calquera persoa (xeralmente non teñen límite de participantes) |
Son gratuitos? | Teñen un carácter aberto e gratuíto (os materiais son accesibles de forma gratuíta), é posible que nalgunhas plataformas se cóbre a emisión das certificacións. |
Qué valor teñen? | A autoformación ofrécevos a posibilidade de configurar un currriculum especializado e diferenciado. Esta autoformación pode centrarse en completar os créditos do grao, introducirvos noutros temas ou tamén pode ampliar o lecer e as habilidades persoais. |
As principais plataformas que ofrecen MOOCs son:
Plataforma de universidades e institucións iberoaméricanas, actualmente é a plataforma máis importante en español, presenta cursos de todo tipo e de todas as categorías do coñecemento.
Plataforma desenvolvida polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) orientada á formación de profesorado non universitario.
Orientada á formación do profesorado non universitario
Fundada polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e a Universidade de Harvard en maio de 2012 esta plataforma ofrece cursos en varios idiomas, entre eles o español.
A Universidade Nacional de Educación a Distancia de España, UNED, ofrece dentro do seu portal unha plataforma de cursos online, a distancia e gratuítos sobre todos os temas e materias que se poden tratar dentro do ámbito universitario.
Plataforma que inclúe tanto cursos ingleses traducidos ao noso idioma como material creado especificamente por universidades hispanoparlantes e tanto españolas como latinoamericanas.
Considerada unha das mellores universidades do mundo Stanford, en California (Estados Unidos) ten a súa propia plataforma de MOOCs que ofrece decenas de temas a tratar que moitas veces coinciden con materias dos diferentes grados universitarios, incluíndo de tipo técnico, médico ou máis para profesionais académicos.
Plataforma de cursos abertos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts ofrece decenas de cursos sobre todas as temáticas posibles; aínda que moitos dos cursos xa se realizaron, os materiais que se utilizaron están publicados na respectiva web do curso.
A Carnegie Mellon University ten unha plataforma online con multitude de cursos tanto específicos como máis xerais sobre varias temáticas: educación, psicoloxía, matemáticas, STEM, idiomas....Son completamente gratuítos e están dispoñibles 100% a través de Internet, sen data de caducidade.
A Universidade Politécnica de Valencia puxo en marcha a iniciativa UPVX, o seu repositorio de cursos online masivos e abertos.