Durante o período de matrícula
No período establecido pola dirección dos estudos para formalizar a matrícula, a unidade administrativa ou persoas encargadas do proceso deben:
- Esixir e verificar a entrega de toda a documentación requirida para acceder aos estudos de posgrao (véxase a Documentación).
- Cando a titulación de acceso non estiver homologada en España, a persoa solicitante entregará tamén a solicitude de autorización do reitor segundo o modelo normalizado (Solicitude autorización reitor) e a dirección do estudo elaborará un informe razoado sobre a adecuación da titulación presentada así como da súa equiparación cunha titulación universitaria española. O informe considerará algún dos criterios que seguen:
- Número de créditos realizados pola persoa solicitante.
- Número de anos de estudo.
- Materias cursadas e os seus contidos.
Neste caso a matrícula estará condicionada á concesión da autorización do reitor. Se esta non se producise a persoa solicitante terá dereito á devolución do importe íntegro satisfeito pola matrícula.