A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, co ánimo de promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria, convocan unha bolsa de excelencia para o alumnado matriculado nun grao da UDC no curso académico 2025/26, a tempo completo.
Requisitos para poder solicitar a bolsa:
a) Estar matriculado nun grao no curso 2025/26 na Universidade da Coruña, a tempo completo, de todos os créditos que resten para finalizar a titulación, e estar ao corrente do pago dos prezos públicos.
b) Ter superado un mínimo de 180 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,5 puntos sobre 10.
As materias ou créditos recoñecidos, adaptados ou transferidos non se terán en conta para o cumprimento destes requisitos.
c) Participar significativamente na vida universitaria segundo se establece no artigo 4.1.e) desta convocatoria.
d) O estudantado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a condición de residente, de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España.
Revisa os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de solicitude e o resto das bases da convocatoria na seguinte ligazón: Convocatoria
A contía bruta da bolsa será de 12 000 €.
Para calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto "bolsa santander excelencia 360º 2026"
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DA BOLSA SANTANDER EXCELENCIA 360º 2026
É OBRIGATORIO REALIZAR UNHA DOBRE SOLICITUDE
Paso 1. Rexistrarse na plataforma de bolsas do Banco Santander na convocatoria específica para esta bolsa, na seguinte ligazón:
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/excelencia-360o-2026
Paso 2. Rexistra a túa solicitude na UDC a través do formulario que atoparás a continuación.
O prazo de solicitude será do 17 de febreiro ata as 23:59 horas do 7 de maio de 2026.