A Universidade da Coruña e o Banco Santander convocan bolsas de renovación e nova adxudicación para o alumnado que curse estudos de másteres universitarios oficiais na UDC, no curso 2020-2021.
O importe máximo para cada bolsa será de 2.132,00 € segundo o seguinte:
Revisa os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de solicitude e o resto das bases da convocatoria na seguinte ligazón:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/012728
O prazo para realizar o procedemento de solicitude é do 24 de decembro de 2020 ao 1 de febreiro de 2021
Para calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a sape@udc.gal, indicando no asunto "bolsas máster UDC-Santander
Revisa aquí a dita resolución.
Logo da publicación da resolución definitiva de persoas adxudicatarias das bolsas, iniciouse o prazo para achegar a aceptación/renuncia das persoas adxudicatarias.
Segundo o establecido na convocatoria, rematado o devandito prazo xa se iniciou o procedemento para o pagamento do 25% polo importe que se indicaba na resolución definitiva as persoas que aceptaron a bolsas tal como se indicaba na resolución definitiva.
Para realizar o pagamento do 75 % restante é necesario que as persoas que aceptaron a bolsa, unha vez superados a totalidade das materias e créditos matriculados no curso 2020/21, presenten o impreso III (declaración xurada do conxunto das bolsas concedidas e ingresos percibidos) antes do 30 de setembro de 2021.
Deberán presentar o dito impreso III (asinado dixitalmente ou, no seu defecto, firmado manualmente e escaneado) a través do formulario ao que accederán premendo no botón que aparece ao pe desta páxina.
Para calquera dúbida poden enviar un correo electrónico a sape@udc.gal , indicando no asunto "bolsas máster UDC-Santander"