A Universidade da Coruña (UDC) convoca 2.570 axudas para o transporte destinadas ao alumnado que estea matriculado no curso 2021-22 dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial de Grao / Máster ou a tempo completo, no caso de alumnado de Doutoramento, e cumpra os requisitos esixidos nesta convocatoria.
Podes consultar a convocatoria en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2021/009915
O prazo para presentar a túa solicitude e realizar todos os trámites en liña finaliza ás 14:00 h. do venres 5 de novembro de 2021
Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.gal
Esta guía é orientativa e, en ningún caso, substitúe a necesaria consulta da convocatoria para completar as instrucións que aquí aparecen resumidas.
Debes seguir os seguintes pasos para definir a túa solicitude e a documentación que necesitarás para presentala correctamente. Levarante ata a plataforma onde debes presentar a túa solicitude.
O estudantado estranxeiro só poderá presentar a súa solicitude se figura na súa Secretaría Virtual con NIE ou DNI, non co número de pasaporte (no seu caso diríxase á administración do seu centro para modificalo). Ademais, o estudantado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a condición de residente, de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.gal
Lembra que para esta convocatoria toda a xestión será en liña polo que non deberás facer ningunha xestión presencial salvo que se che comunique por algunha incidencia.
a. Si, cumpro estes requisitos e o resto das bases da convocatoria **⇒⇒ Continúa no paso 2
b. Non, non cumpro estes requisitos ══╣Non tes dereito a axuda ao transporte
** Limitacións opción "a" :
Aínda que a túa opción sexa "a" ten en conta que non poderá gozar esta axuda o alumnado que:
- No curso 2021-22 estea realizando unha mobilidade nacional (SICUE) ou internacional (ERASMUS e asimilables), nin aquel alumnado que estea en planos de estudos sen dereito a docencia
- Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes, de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social
Sigue as indicacións en función da túa resposta:
Si ⇒ Continúa no PASO 3 - BLOQUE 1
Non ⇒Continúa no PASO 3 -BLOQUE 2
Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.gal
Deberás presentar a túa solicitude a través da plataforma informática á que accederás premendo no botón ou enlace situados ao final deste bloque.
Revisa a documentación que deberás subir na plataforma e os trámites necesarios para formalizar correctamente a túa solicitude antes das 14 horas do venres 5 de novembro de 2021, momento no que remata o prazo.
Se tes algunha dúbida contacta con nos a través do correo: axudas.transporte@udc.gal
Documentación que deberás subir na plataforma:
Xustificación da residencia durante o curso académico: empadroamento municipal actualizado cos datos da unidade familiar e/ou contrato de aluguer ou declaración responsable
Credencial ou resolución da concesión da bolsa: só o alumnado con bolsa do Ministerio de Educación que cursaran no 2020-21: Bacharelato, Ciclos Formativos de Graos Superiores, Probas de Maiores de 25 anos.
Nestes casos debe achegarse a acreditación de ter sido bolseiro no curso 2020-21, non a solicitude presentada para o curso 2021/22
Una vez enchida a túa solicitude na plataforma, debes descargala desde o botón que cho permite, imprimila e asinala unicamente ti.
Logo debes escaneala/dixitalizala e subila na aplicación informática de solicitudes.
Deberás encher a túa solicitude, imprimila, asinala e cargala antes das 14h do venres 5 de novembro de 2021, a través da plataforma informática á que accederas premendo no seguinte botón:
No caso de non seguir estes pasos, a túa solicitude desestimarase e non optarás á axuda ao transporte
Criterios de adxudicación para o Bloque 1
As axudas adxudicaranse de acordo coa media do expediente académico dos solicitantes, aproximada en 4 decimais:
Se non cumpres ningún dos requisitos do Bloque 1, poderás solicitar a axuda ao transporte neste bloque. Estas solicitudes optarán ás axudas que no sexan concedidas ao alumnado do Bloque 1.
Deberás presentar a túa solicitude a través da plataforma informática á que accederás premendo no botón ou na ligazón situados ao final deste bloque.
Revisa a documentación que deberás cargar e os trámites necesarios para formalizar correctamente a túa solicitude antes das 14 horas do venres 5 de novembro de 2021, data na que remata o prazo.
Si tes algunha dúbida contacta con nós a través do correo: axudas.transporte@udc.gal
Documentación que deberás subir na plataforma:
Unha vez enchida a solicitude na plataforma, debes descargarla, imprimila e asinala orixinalmente, tanto ti, como os demais membros computables* da familia maiores de 14 anos. No caso de que algún miembro computable non poida asinar, terás que acreditar documentalmente esta circunstancia.
Logo debes escaneala/dixitalizala e subila na aplicación informática de solicitudes.
* Serán membros computables:
No caso de divorcio ou separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable o que non conviva co solicitante da axuda.
Porén, terá a consideración de membro computable e sustentador principal o novo cónxuxe, parella, rexistrada ou non, ou persoa unida por análoga relación, cuxas rendas e patrimonio incluiranse dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares.
Ademais, terá a consideración de membro computable a persoa con ingresos propios que, nesa data, conviva no domicilio co solicitante cando non medie relación de parentesco e non se poda xustificar un aluguer de piso compartido.
Cando o réxime de custodia establecido no convenio regulador sexa o de custodia compartida, consideraranse membros computables o pai, e a nai do alumno solicitante, os fillos comúns e os ascendentes do pai ou da nai, que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente.
No caso de non ter a obriga de presentar a declaración da renda, e de que non haxa datos de imputación na AEAT deberase achegar, segundo o caso, a documentación pola que se xustifiquen os ingresos:
Debes acreditar a independencia familiar:
Consideraranse membros computables e sustentadores principais: o solicitante e súa cónxuxe, súa parella, rexistrada ou non, unida por análoga relación e os fillos, se os houbera, e que convivan no mesmo domicilio. Deberás acreditar documentalmente esta circunstancia.
Lembra que unha vez enchida a túa solicitude na plataforma, debes descargala, imprimila y asinala orixinalmente, tanto ti, como os demais membros computables da familia maiores de 14 anos (revisa as instrucións no apartado de documentación xeral).
Deberás encher a túa solicitude, imprimila, asinala (como se indicou anteriormente) e subila antes das 14h do venres 5 de novembro de 2020, a través da plataforma a que accederas premendo no seguinte botón ou ligazón.
No caso de non seguir estes pasos, a túa solicitude desestimarase e non optarás á axuda ao transporte
Criterios de adxudicación para o Bloque 2
As axudas valoraranse e priorizaranse en función da renda persoal dispoñible dos solicitantes, de menor a maior contía, segundo os criterios económicos e patrimoniais regulados na seguinte normativa:
No caso de empate concederáselle, unha axuda ao transporte ao solicitante coa nota media máis alta no expediente académico ou nas probas de acceso á Universidade para os alumnos que inicien estudos de Grao. As axudas adxudicaranse de acordo coa media do expediente académico dos solicitantes, aproximada en 4 decimais:
As modalidades de axudas serán tres:
O alumnado debe solicitar a tarxeta que lle corresponda segundo a súa residencia durante o curso académico 2021-22, nos lugares que se indican segundo a modalidade.
Para solicitar estas axudas deberá xustificar a súa residencia co empadroamento ou co contrato de aluguer da vivenda durante o curso. Se solicitara outra tarxeta distinta á que corresponda conforme á dita documentación, deberá xustificalo documentalmente.
Para poder beneficiarse destas axudas, será requisito inescusable, estar en posesión da tarxeta que se indican a continuación para cada modalidade:
Tarxeta Millenium: para o transporte urbano na cidade da Coruña. Tramítase nas oficinas municipais da Estación de Autobuses da Coruña
O alumnado terá un prazo de 2 meses para activala desde a resolución definitiva da convocatoria, de non facelo, perderá o dereito á axuda.
A tarxeta poderá ser utilizada no curso seguinte polos alumnos que non teñan esgotada a totalidade das viaxes subvencionadas e continúen estudos na UDC para o curso seguinte, ata esgotar as viaxes ou ata o 30 de novembro de 2022.
O alumnado que curse estudos na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e resida no Concello da Coruña, terá que estar en posesión da TMG para poder beneficiarse da axuda. A tarxeta Millenium non da dereito a esta bonificación.
O número máximo de cursos que un alumno/a pode gozar da axuda ao transporte será:
Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG): para o alumnado maior de 21 anos.
Os menores de 21 anos, teñen á súa disposición a tarxeta XENTE NOVA, que lles ofrece viaxes gratuítas.
O abono das axudas farase efectivo a través da tarxeta TMG no momento en que se efectúe a recarga da tarxeta a finais do mes seguinte a aquel no que comecen a aplicarse as axudas.
Os beneficiarios dispoñen dun prazo de 2 meses para efectuar a recarga da axuda, de non facelo, perderán o dereito á axuda. Podes consultar o estado das túas recargas no seguinte enlace: http://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta
Será requisito que o alumnado resida na cidade da Coruña, utilice a liña de autobús A Coruña – Ferrol – A Coruña, e que estea matriculado nunha titulación que se imparta no Campus de Ferrol.
O alumnado desta modalidade debe xustificar a súa residencia na cidade da Coruña, co empadroamento ou contrato de aluguer, e que está matriculado nunha titulación do Campus de Ferrol.
A TMG debe adquirirse ao prezo unitario establecido nas oficinas da entidade bancaria colaboradora no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no seguinte enlace: https://tmg.xunta.gal/oficinas
O número máximo de cursos que un alumno/a pode gozar da axuda ao transporte será:
Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG): para o alumnado maior de 21 anos.
Os menores de 21 anos, teñen á súa disposición a tarxeta XENTE NOVA, que lles ofrece viaxes gratuítas.
O abono das axudas farase efectivo a través da tarxeta TMG no momento en que se efectúe a recarga da tarxeta a finais do mes seguinte a aquel no que comecen a aplicarse as axudas.
Os beneficiarios dispoñen dun prazo de 2 meses para efectuar a recarga da axuda, de non facelo, perderán o dereito á axuda. Podes consultar o estado das túas recargas no seguinte enlace: http://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta
Supostos:
a) Para o alumnado da UDC que curse estudos na Coruña, bonificaránselle os desprazamentos que realicen entre calquera concello da Área de Transporte Metropolitano (ATM) da Coruña e os Concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias.
A relación de concellos que integran a ATM da Coruña aparece recollida na seguinte ligazón: http://tmg.xunta.gal/area-da-coruna
b) Para o alumnado da UDC que cursa os seus estudos en Ferrol, bonificaránselle os desprazamentos que realicen entre calquera concello do ATM de Ferrol e o Concello de Ferrol no que se localizan as dependencias universitarias.
A relación de concellos que integran a ATM de Ferrol aparece recollida na seguinte ligazón: http://tmg.xunta.gal/area-de-ferrol
c) Para o alumnado da UDC que curse os estudos en calquera dos centros universitarios da Coruña, Ferrol e Oleiros, e que se desprace a eles dende calquera concello galego de fóra das áreas ATM A Coruña ou ATM Ferrol
A TMG debe adquirirse ao prezo unitario establecido nas oficinas da entidade bancaria colaboradora no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no seguinte enlace: https://tmg.xunta.gal/oficinas
En ningún caso se aplicarán estas bonificacións aos desprazamentos que se realicen fora das ATM citadas ou entre concellos que pertenzan a dúas áreas metropolitanas distintas.
O número máximo de cursos que un alumno/a pode gozar da axuda ao transporte será:
O importe máximo da subvención será de 114€ en viaxes, de acordo cos criterios de adxudicación desta convocatoria.
|
PREZO TMG |
% BONIFICACIÓN |
CONTÍA BONIFICADA |
PREZO CON BONIFICACIÓN |
|
4,05 € |
35% |
1,41 € |
2,64 € |
Nos apartados a) e b), o importe bonificado será segundo se indica a continuación co límite de importe máximo de subvención, dependendo do número de saltos:
|
SALTOS |
PREZO TMG |
% BONIFICACIÓN |
CONTÍA BONIFICADA |
PREZO CON BONIFICACIÓN |
|
0 ó 1 |
0,88 € |
50% |
0,44 € |
0,44 € |
|
2 |
1,34 € |
40% |
0,53 € |
0,81€ |
|
3 |
1,90 € |
35% |
0,66 € |
1,24 € |
|
4 |
2,31 € |
35% |
0,80 € |
1,51 € |
|
5 |
3,22 € |
35% |
1,12 € |
2,10 € |
|
6 |
3,78 € |
35% |
1,32 € |
2,46 € |
Para o apartado c) desta modalidade, a subvención consistirá nunha bonificación de 1,41 € por viaxe.
Estas axudas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de institucións públicas ou privadas destinadas ao mesmo fin.
Unha vez rematado o proceso de avaliación de solicitudes, publicase a relación provisional das solicitudes admitidas e denegadas, xunto coa causa que implica a súa denegación.
As persoas interesadas disporán dun prazo de sete días hábiles, do 10 ao 18 de xaneiro de 2022, para achegaren a documentación que permita emendar os erros que se apreciaren, ao correo electrónico axudas.transporte@udc.es
Coa publicación da RESOLUCIÓN DEFINITIVA na Sede Electrónica da UDC, indicarase o procedemento a seguir para activar as Tarxetas Milleninum e TMG, coa modalidade de axuda ao transporte concedida.
Rematado o prazo, publícanse as listaxes definitivas de axudas concedidas e denegadas por modalidade de axuda ao transporte solicitada:
No Anexo I da resolución, figura o procedemento para activar as tarxetas: Millenium e TMG coa axuda ao transporte concedida que se indica a continuación.
As persoas beneficiarias da axuda ao transporte, dispoñen dun prazo de dous meses para activar a tarxeta e aceptar as recargas ao seu favor.
1.- O alumnado beneficiario da Urbana da Coruña que xa dispoña da tarxeta Millenium, deberá cambiar o perfil a “universitario”, en calquera caixeiro automático de ABANCA (24h)
2.- O alumnado beneficiario da Urbana da Coruña que non dispoña da tarxeta Millenium, deberá solicitala na oficinas municipal do Concello da Coruña, sita na Estación de Autobuses (rúa Caballeros, 21), solicitando cita previa na seguinte ligazón:
https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3
Seleccionar como oficina (*) “Tarjeta Millennium Estación de Autobuses” e como trámite (*) “Alta Nova”
1.- O alumnado beneficiario da TMG que teña a tarxeta, recibirá a axuda no momento en que efectúe a recarga da súa tarxeta.
Se aínda non gravou o número da tarxeta na aplicación informática na que solicitou a axuda, debe facelo antes do 18 de febreiro de 2022: http://aplicacions.sic.udc.es/SolicitudeBonobus
2.- O alumnado beneficiario desta axuda ao transporte que non teña a TMG, deberá adquirila nunha oficina de ABANCA, e gravar o número da tarxeta na aplicación informática na que solicitou a axuda, antes do 18 e febreiro de 2022: http://aplicacions.sic.udc.es/SolicitudeBonobus