Bolsas propias de comedor da UDC. Curso 2025/26

Coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades das familias con rendas baixas, a Universidade da Coruña (UDC) publica a convocatoria de bolsas propias de comedor para o estudantado matriculado nun centro propio da UDC en estudos oficiais de grao ou máster, a tempo completo, no réxime presencial, e que manteña a matrícula durante todo o curso académico 2025/26.

O importe de cada bolsa ascende a cincocentos euros (500,00 €), que se aboarán nun único pagamento.

Revisa as bases completas da convocatoria na seguinte ligazónhttps://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2025/009977

Só poderás solicitala se cumpres polo menos un dos seguintes requisitos:

  1. Estar aloxado/a durante todo o curso académico 2025/26 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o estudantado da UDC, (Resolución reitoral do 21/05/2025), publicada no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC o 22/05/2025. Deberán ademais estar ao corrente no pagamento dos recibos.
  2. Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC, para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2025/26.

prazo para presentar a túa solicitude comeza o 2 de outubro de 2025 e remata o 15 de outubro de 2025.

Para presentar a solicitude debes encher o formulario que atoparás premendo no seguinte botón.

Ao dito formulario só  poderán acceder as persoas que cumpran algún dos devanditos requisitos.