Dámosche a benvida á Universidade da Coruña! Comezamos o curso cunha xornada especialmente pensada para ti: o noso novo estudantado, tanto nacional como internacional.
Postos informativos dos servizos universitarios e unidades administrativas que che acompañarán durante a túa vida universitaria (deportes, cultura, voluntariado, emprego, linguas, igualdade...).
Postos informativos das asociacións estudiantís e o Consello do Estudantado onde poderás apuntarte ás súas actividades.
Poderás participar en xogos, retos e sorteos con agasallos (caixas sorpresas e suadoiros).
Poderás recoller a túa bolsa e pulseira da UDC, cubrindo a tarxeta do sorteo que se entregará no momento da chegada á Xornada.
Porque é a mellor oportunidade para:
Descubrir todo o que a UDC che ofrece fóra das aulas.
Resolver dúbidas sobre servizos como becas, mobilidade, deportes, voluntariado, etc.
Comezar a facer amizades e conectar co ambiente universitario desde o primeiro día.