Obradoiros
-
Aprende a elaborar un currículum (CV) eficaz (19/02/2025, xa realizado)
Inscríbete nos seguintes con anterioridade á súa realización!
2. Emprender e persoas emprendedoras (27/02/2025)
3. Probas de selección de persoal: A Entrevista (20/03/2025)
4. Ideas de empresa e proxecto empresarial (26/03/2025)
5. Onde buscar emprego ou prácticas? (03/04/2025)
6. Ecosistema da persoa emprendedora (09/04/2025)
- O programa EMPRÉGA-T desenvolve as ferramentas e recursos máis eficaces para acceder ao emprego presente e futuro tendo en conta o impacto da Intelixencia Artificial nos procesos de selección e no caso da opción do emprendemento, como xurden as ideas e proxectos e se implementan apoiados no ecosistema da persoa emprendedora.
- Dirixido a:
- Estudantes de grao, mestrados oficiais, títulos propios, doutoramento e de programas de mobilidade da UDC
- Persoas egresadas en calquera estudo da UDC
- Prazo de inscrición: o formulario de inscrición permanecerá aberto até o día anterior á realización do último obradoiro (08/04/2025, ás 14:00 h), mais cómpre que te inscribas nos obradoiros que che interesen con anterioridade á súa realización.
- Modalidade: presencial
- Lugares: A Coruña e Ferrol
https://www.udc.es/gl/emprego/formacion/obradoiros/
INSCRÍBETE XA!! ESPERÁMOSTE!!
- Poderás inscribirte en todos os obradoiros ou naqueles que máis che interesen.
- Poderás solicitar 1 crédito ECTS por cada 10 h de formación acreditada (+ info na ligazón web anterior9
- Terás un agasallo (1 bolsa UDC) en cada obradoiro e dereito a participar no sorteo dun suadoiro tamén en cada obradoiro.
- Consultas: <emprego.vee@udc.es>