 
        O Marzo Ambiental 2025 é un ciclo de actividades diversas que constitúe unha peza clave de educación para a sustentabilidade na UDC.
Está organizado pola Oficina de Sustentabilidade e os Comités Green Campus da UDC, e conta tanto con actividades teóricas (palestras, mesas redondas) como prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), achegando unha perspectiva ampla á realidade climática e de sustentabilidade actual.
A programación desenvolverase entre o 6 e o 31 de marzo, podendo escollerse o tema, o lugar e o momento da participación.
A sustentabilidade é un eixo estratéxico da UDC, reforzada co Programa Green Campus, no que xa son 13 bandeiras verdes concedidas a centros da UDC a través dunha auditora externa. A UDC acada así o recoñecemento en materia de sustentabilidade, situándose como a 186º Universidade máis sustentable do mundo, e obtendo o 6º lugar entre as Universidades españolas (1.477 e 32 Universidades presentadas, respectivamente), segundo a valoración internacional Green Metric 2024.
Formulario de inscrición ás actividades do Marzo Ambiental 2025
Publicado por: Oficina de Sustentabilidade