👍 1ª Edición do Programa de Bolsas Santander Complemento ás Prácticas Profesionais 2025 

6/05/25 11:01

 ➡️ Destinatarios/as: alumnado matriculado a tempo completo na Universidade da Coruña, no curso 2024/2025 nun grao, posgrao ou mestrado universitario oficial. 
 
➡️ En que consiste o programa de bolsas Santander? 

Estas bolsas enténdense en concepto de axuda complementaria que recibirá cada alumno/a beneficiario/a para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización xa sexan curriculares ou extracurriculares durante o 2025. 

➡️ Nesta 1ª edición convocanse 170 bolsas. Cada bolsa terá unha cuantía de 500€ 
 
➡️ Convocatoria, formulario de inscrición e info polo miúdo no sitio web:

https://www.udc.es/gl/emprego/bolsas-complementos-practicas/ 

➡️ Remata o prazo de inscrición o día 26/05/2025 

Publicado por: Facultade de Turismo