Doutora Internacional pola Universidade da Coruña (UDC). Profesora Contratada Interina de Substitución (2010 – 2019), Profesora Axudante Doutora (2019 – 2021) e Profesora Titular de Universidade (actualidade) na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da Universidade da Coruña.
A súa investigación céntrase no estudo técnico-económico das enerxías renovables mariñas: enerxía eólica mariña, enerxía undimotriz, sistemas híbridos de enerxía mariña, etc. A súa actividade investigadora desenvolveuse en diversos proxectos internacionais de investigación e en varios centros de investigación estranxeiros no eido das enerxías renovables mariñas. Como resultado destas investigacións tiveron lugar diversos artigos en revistas de alto impacto.
Actualmente é investigadora principal dos seguintes proxectos:
(1) Proxecto europeo ARCWIND “Adaptation and implementation of floating wind energy conversion technology for the Atlantic region”.
(2) Proxecto nacional SEARENEW "Design of a tool for the selection of offshore renewable energy locations and technologies: application to Spanish territorial waters".
(3) Proxecto nacional SEASUN "Characterization of a software to determine the roadmap of the offshore solar energy in the Spanish shore".
(4) Proxecto europeo Erasmus+ "STEM Is Inspiring Future Careers".
Froito da súa actividade investigadora, recibiu os seguintes premios: o Primeiro Premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (2009), o Premio ao mellor póster no Congreso DeepWind en Noruega (2013) e o IX Premio de Investigación González Llanos na área de enxeñaría naval (2014).
Almudena Filgueira Vizoso é doutora en Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña dende 2012. Actualmente ocupa o posto de Titular de Universidade e desenvolve a súa investigación e as súas clases na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da Universidade da Coruña.
As súas principais liñas de investigación están relacionadas coas enerxías renovables mariñas e a enxeñaría medioambiental. Publicou numerosos traballos, capítulos de libros e libros en diferentes revistas e editoriais de recoñecido prestixio, participou en numerosos congresos relacionados co tema e actualmente forma parte de tres proxectos de investigación e varios convenios con empresas.
Doutora en Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña desde 2012. Actualmente ocupa o posto de Profesora Titular de Universidade e desenvolve a súa investigación e as súas clases na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol da Universidade da Coruña.
As súas principais liñas de investigación están relacionadas coas enerxías renovables mariñas e a enxeñaría medioambiental, así como a redución de emisións en motores diésel mariños. Publicou numerosos traballos, capítulos de libros e libros en diferentes revistas e editoriais de recoñecido prestixio e participou en numerosos congresos relacionados co tema.
Catedrático de Universidade, Universidade da Coruña. Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial. Área de Construccións Navais.
Doutor enxeñeiro Industrial pola UDC dende 2005. Profesor honorario (2021 - actualidade). Despois de 14 anos de experiencia en estaleiros, dende a súa incorporación á universidade as súas principais liñas de investigación estiveron relacionadas con aplicacións industriais do láser (1995 - 2009). En 2016 entrou a formar parte do Grupo de Enxeñería Mixto (GEM) desenvolvendo traballos relacionados con el desarrollo de sistemas de arrecifes artificiais para regeneración de estuarios e rías e coas áreas ANEP de: Construcións Navais , Enxeñería e infraestruturas do transporte, Enxeñería Mecánica e Enxeñería Eléctrica.
De todas estas áreas publicou numerosos traballos, capítulos de libros e libros en diferentes revistas e editoriais de recoñecido prestixio e participou en numerosos congresos relacionados con estes temas.