Financiamento:
Ministerio de Ciencia e Innovación
AEI (Axencia Estatal de Investigación)
Mediante a exploración da relación entre a literatura e la globalización contemporánea, o noso anterior proxecto (LYG) tiña varios obxectivos: primeiro, examinar as premisas teóricas detrás do xiro transnacional nos estudos americanos; segundo, ocuparse da revisión do paradigma étnico americano, transformado pola crecente mobilidade de individuos e comunidades; terceiro, estudar os discursos críticos coa nova orde global, facéndose eco dos vellos e novos "descontentos" (Stiglitz) creados pola pegada neoliberal da globalización; por último, interrogar a (máis ben asimétrica) reciprocidade que envolve o proceso da globalización contemporánea.
A percepción adquirida tras este primeiro proxecto non só familiarizounos con perspectivas transnacionais, senón que tamén fixo que nos decatásemos da necesidade de expandir o ámbito de estudo para incorporar a produción literaria e cultural de toda a rexión norteamericana en vez de soamente a dos Estados Unidos, aínda que o noso interese principal continúe sendo a literatura anglófona. Durante a exploración do impacto da globalización no noso eido de estudo, descubrimos que moitos dos nosos intereses e resultados de investigación converxían nun concepto aparentemente residual: WASTE ("desperdicio, refugallo").
As últimas décadas do século XX presenciaron a "mudanza dunha cultura definida pola súa produción a unha cultura definida polo seu refugallo” (Deitering). Mentres que a basura e a toxicidade difundíronse, a “violencia lenta” (Rob Nixon) da degradación ambiental atribuida ao paradigma capitalista global de crecemento continuou sendo extrañamente escurridiza, difícil de localizar e de reflexar en representacións artísticas. Este é o motivo polo que nos centramos en analizar textos que tratan de superar as “formidables dificultades imaxinativas” que Nixon menciona, nun intento de neutralizar eses “mecanismos de distanciamento” que impiden que a violencia lenta adopte unha forma narrativa efectiva. Porén, en vez de abordar unicamente a degradación do medio ambiente, este proxecto tamén pretende centrarse nas comunidades e grupos humanos que se volveron residuais ou desperdici(ad)os.
Para levalo a cabo, recurriremos aos Waste Studies e, máis especificamente, á “Waste Theory”. O potencial desta perspectiva crítica reside no feito de que permite aos académicos lidiar coas (funestas) consecuencias que a nosa economía de refugallo ten tanto para os seres humanos como para todo o planeta. A “Waste Theory” débelle moito ás teorizacións filosóficas da modernidade, da globalización e da comunidade (Giorgio Agamben, Zygmunt Bauman, Herbert Marcuse, Jean-Luc Nancy) e ás escolas ecocríticas da xustiza ambiental (Joni Adamson; Joan Martínez Alier; Rob Nixon), toxic discourse e waste studies (Lawrence Buell, Cynthia Deitering, Susan Morrison, Rachele Dini, Dana Phillips, Heather Sullivan, Molly Wallace).
Comunidades residuais, comunidades de desperdicio
Comunidades desperdiciadas: da etnicidade á humanidade
Residuos do posmoderno