O proceso de trámite para a posta en marcha dun novo estudo propio de posgrao é o que segue:
- Remitir á UEPP a solicitude de implantación segundo o modelo normalizado (Solicitude de implantación)
- A solicitude irá necesariamente acompañada de:
- A UEPP realizará un informe preliminar sobre a idoneidade de novas propostas de estudos propios de posgrao e/ou solicitudes de modificacións de cursos xa implantados.
- As propostas serán informadas pola CEPP. As informadas favorablemente someteranse á consideración do Consello de Goberno, e no seu caso, do Consello Social. Caso de o informe ser desfavorable, as propostas serán devoltas aos propoñentes xunto cunha copia do informe razoado da comisión que xustifique a súa devolución.
- Tras a aprobación ou a denegación do curso propio de posgrao por parte do Consello de Goberno, comunicarase ao solicitante da implantación do estudo, a través da UEPP, de forma oficial e razoada, a decisión que se tomar. O propoñente asumirá o desenvolvemento do curso ou presentará, se o estimar oportuno, unha proposta modificada que será novamente analizada.
- A UEPP comunicará ao Servicio de Organización Adadémica (Sección de Títulos) os cursos aprobados polo Consello de Goberno, así como as súas modificacións.