Proxecto de implantación

Descrición dos contidos mínimos do proxecto de implantación dun estudo propio de posgrao. Estes contidos están agrupados no Proxecto de implantación facilitado pola UEPP.

Información de carácter xeral

  1. Denominación do curso propio de posgrao.
  2. Director/directores do curso (nome, categoría, réxime de dedicación e adscrición administrativa).
  3. Unidade académica responsable do curso (centro, departamento ou instituto universitario) e certificación do acordo que avala a solicitude.
  4. Nome/s da/s entidade/s colaboradora/s.
  5. Denominación do diploma ou do título propio de posgrao a que conduce.
  6. Se for o caso, denominación das especialidades (só en estudos de mestrado).
  7. Número de créditos necesario para acceder ao título propio ou ao diploma de aptitude en que se especificará, se for o caso nun mestrado, a división por especialidades.
  8. Persoa de contacto na UDC.
  9. Relación de áreas temáticas especializadas en que se impartirá formación.
  10. Xustificación académica, social e económica do estudo propio de posgrao proposto e obxectivos propostos.
  11. Relación de medios materiais dispoñibles para acometer o estudo propio de posgrao que se presentar. .

Información académico-administrativa

  1. Número total de créditos ofertados.
  2. Método de desenvolvemento (presencial ou non presencial).
  3. De se tratar dun estudo presencial, o lugar onde se impartirán as clases (tanto teóricas coma prácticas) e o visto e prace da súa dirección ou da vicerreitoría competente.
  4. Número máximo de prazas ofertadas e número mínimo de alumnos necesario para a súa realización.
  5. Condicións específicas de acceso requiridas para os alumnos.
  6. Criterios específicos de selección de alumnos, debidamente xustificados.
  7. Criterios establecidos para a concesión de bolsas.
  8. Lugar e períodos previstos de preinscrición e de matriculación.
  9. Periodicidade do curso ofertado.
  10. Se for o caso, cadro de validacións automáticas con outros cursos propios de posgrao.
     

Profesorado

Relación do persoal responsable da docencia agrupado en tres categorías: profesorado da UDC, profesorado doutras universidades e profesorado procedente de ámbitos profesionais alleos ao ámbito universitario; indicando en cada caso individual:

  1. Se posúe ou non o título de doutor.
  2. Caso de profesorado universitario, o réxime de dedicación, a categoría e a adscrición administrativa.
  3. Caso de persoal alleo á universidade, a categoría e a situación profesional.
  4. Número de créditos que se van impartir no curso proposto e número de créditos impartidos noutros cursos propios de posgrao da UDC.

Información docente

  1. Plano de estudos e programación docente do curso:

    -Agrupamento dos contidos en módulos precisando o seu carácter optativo ou obrigatorio.

    -Enumeración e descrición dos temas que compoñen cada módulo.

    -Actividades académicas que se empregarán para o desenvolvemento de cada tema e o correspondente número de créditos asignados.

    -Calendario detallado para o desenvolvemento das actividades académicas propostas.

  2. Caso de os estudos faceren uso de estudos non presenciais, será preciso presentar unha relación do material que vai ser empregado e unha descrición tanto do método de aprendizaxe que se vai seguir como do sistema e da programación de titorías.
  3. Relación de profesores responsables dos diferentes bloques temáticos.
    Contidos docentes das materias ou módulos do plano académico. 
  4. Sistema de avaliación de estudantes.
  5. Modelo de enquisa do profesorado e do estudo propio de posgrao.  

     

Información económica

  1. Importe da matrícula, formas de pagamento e, eventualmente, bolsas ou formas de financiamento previstas.
  2. Orzamento detallado de ingresos e gastos (incluíndo as retribucións a profesores e ao director/a do curso así como a porcentaxe retida a favor da UDC e, no seu caso, da entidade coa que se estableza o correspondente convenio, tal e como se recolle nos artigos 41 e 43 do presente regulamento). No orzamento haberá que considerar os seguintes casos:
    • a) o número de alumnos matriculados é igual ao mínimo establecido;
    • b) o número de alumnos matriculados é igual ao máximo admisible.
  3. Inclusión no orzamento dunha póliza de seguros para cubrir, cando menos, os alumnos que non dispoñan de seguro escolar.
  4. Entidade que realizará a xestión económica do estudo propio de posgrao.

 

Convenios con entidades alleas á UDC

  1. Convenio proposto entre a/s entidade/s organizadora/s e/ou colaboradora/s e a UDC. Nel detallarase a composición da comisión de seguimento do estudo.
  2. Se a UDC non asume a xestión económica, convenio tipo coa Fundación Universidade da Coruña ou coa entidade que realizará a xestión económica. 

 

Proposta dun curso propio de posgrao matriz ou derivados

No caso dun mestrado ou dun curso de especialización podería ocorrer que a proposta considerase distintos niveis formativos, de xeito que algún deles configurase en si mesmo unha categoría menor de estudos propios de posgrao (cursos de especialización ou cursos de formación específica de posgrao). Neste caso o proxecto de implantación deberá ter en conta esta característica e engadirá un novo apartado que recollerá:

  1. Denominación de cada un dos cursos derivados do curso matriz e denominación dos correspondentes títulos propios ou diplomas de aptitude.
  2. Fixaranse os itinerarios que, dentro da relación de unidades temáticas descritas para o curso matriz, conducirían á obtención de cada un dos títulos ou diplomas correspondentes aos cursos derivados.
  3. Condicións de acceso requiridas para os estudantes para cada curso derivado.
  4. Datas de inicio e de remate do período docente para cada curso derivado.
  5. Prezos de matrícula para cada un dos cursos derivados.
  6. Cadro de validacións automáticas que permitiría a un estudante que superou algún dos cursos derivados acadar algún dos títulos superiores.
  7. Será preciso presentar unha ficha resumo en modelo normalizado para cada un dos cursos derivados.