Diplomas de formación específica de posgrao
A superación dun Curso de Formación Específica de Posgrao non dá dereito a un título propio de posgrao, senón á obtención dun diploma universitario propio de posgrao denominado Diploma de Formación Específica de Posgrao.
Os devanditos diplomas asínaos o reitor mais, a diferenza dos títulos propios, serán elaborados e entregados pola dirección do curso.
Proceso de tramitación dos diplomas:
- A dirección do curso debe enviar por e-mail á UEPP a plantilla modelo do diploma, cuberta segundo a ficha resumo aprobada en Consello de Goberno.
- Unha vez autorizada a plantilla, a dirección do curso debe enviar á UEPP os diplomas asinados polo director e cubertos cos datos dos alumnos.
- Os suliñados indican os datos que hai que completar.
- As entidades colaboradoras listaranse en formato texto, sen logotipos.
- Non se admiten sinaturas preimpresas ou dixitalizadas do director do estudo.
- Unha vez revisados os datos, a UEPP pasa os diplomas á sinatura do reitor.
- Avísase á dirección do curso para que recollan os diplomas na UEPP e asinen o recibí.
Modelo