Tramitación
- A dirección do curso remitirá un certificado de ingresos totais asinado pola persoa responsable da xestión económica do curso.
- A UEPP remitirá á dirección do estudo un impreso normalizado de retención-distribución de acordo co estipulado no artigo 43 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao.
- O impreso será verificado e asinado polos directores da unidade académica responsable e do centro de impartición. Engadirase, ademais, os números das aplicacións orzamentarias da unidade académica responsable e do centro de impartición.
- Unha vez completado o documento de retención-liquidación será remitido de volta á UEPP que, co visto e prace da persoa responsable da vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, solicitará á Xerencia que os servizos de contabilidade procedan a emitir un cargo á entidade xestora, ou contra a aplicación orzamentaria que se indique, para ingresar na conta da UDC a cantidade recollida no impreso.
- No caso de estudos xestionados pola UDC realizarase un transvase de crédito entre as partidas orzamentarias da unidade académica responsable e a que determine a Xerencia da UDC. No caso de xestión delegada, o director, recibida a emisión de cargo, xestionará o ingreso na conta da UDC que a Xerencia determine.
- Ao facerse efectivo o ingreso na universidade, a Xerencia remitirá á UEPP e a dirección dos estudos certificación do ingreso efectuado.