Plan de Acción Titorial

Benvido ao Plan de Acción Tutorial (PAT) da Facultade de Turismo da UDC. O noso principal obxectivo é orientar, guiar, informar e formar o estudantado ao longo da súa traxectoria académica, profesional e persoal. Ademáis, o PAT tamén traballa en garantir a inclusión do alumnado na comunidade universitaria e dar a coñecer as oportunidades que ofrece. 

Ao longo dos teus estudos terás asignado un tutor/a por ano que se encargará de resolver as túas dúbidas en temas non relacionados de xeito directo co contido das materias, como por exemplo:  

  • Información sobre a Universidade e os servizos que ofrece.  
  • Dúbidas sobre plan de estudos e saídas profesionais.  
  • Como mellorar o estudo e organizar o tempo.  
  • Normativa sobre avaliación, regulamento, etc.  
  • Cursos de formación na UDC. 
  • Etc. 

Aparte do profesorado, quenes fan os labores de tutorización, tamén o alumnado participa na orientación do PAT da Facultade de Turismo. O estudantado que comenza os seus estudos na nosa Facultade, contará coa axuda dun/dunha alumno/a de terceiro ou cuarto curso, que será o seu mentor/a. Estes/as mentores/as son estudantes coma ti, compañeiros de últimos cursos que coa súa experiencia no centro, poderán axudarte a resolver problemas que te podan xurdir.