A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander, co ánimo de promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria, convocan unha bolsa de excelencia para o alumnado matriculado nun grao da UDC no curso académico 2024/25, a tempo completo.
Requisitos para solicitar a bolsa:
a) Estar matriculado nun grao no curso 2024/25 na Universidade da Coruña, a tempo completo, de todos os créditos que resten para finalizar a titulación, e estar ao corrente do pago dos prezos públicos.
b) Ter superado un mínimo de 180 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,5 puntos sobre 10.
As materias ou créditos recoñecidos, adaptados ou transferidos non se terán en conta para o cumprimento destes requisitos.
c) Participar significativamente na vida universitaria segundo se establece no artigo 4.d desta convocatoria.
d) O estudantado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a condición de residente, de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España.
Revisa os requisitos das persoas solicitantes, o procedemento de solicitude e o resto das bases da convocatoria na seguinte ligazón: Convocatoria
A contía bruta da bolsa será de 12 000 €.
Para calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a bolsas@udc.gal indicando no asunto "bolsa santander excelencia 360º 2025"
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DA BOLSA SANTANDER EXCELENCIA 360º 2025
Paso 1. Rexistrarse na plataforma de bolsas do Banco Santander na convocatoria específica para esta bolsa, na seguinte ligazón:
https://app.santanderopenacademy.com/es/program/excelencia-360o-2025
Paso 2. Rexistra a túa solicitude na UDC a través do formulario que atoparás a continuación.
O prazo de solicitude será do 1 de abril ata as 23:00 horas do 15 de maio de 2025.
Na seguinte ligazón poderá acceder á resolución provisional coa listaxe de solicitudes admitidas e excluidas a trámite
Resolución provisional Bolsa Santander Excelencia 360º 2024/25
Na seguinte ligazón, poderá acceder á resolución definitiva coa adxudicación da bolsa, a listaxe de agarda e a listaxe de solicitudes excluídas no proceso.