Varios autores
Publicacións Institucionais; 17
2016 | 8+22 pp. | 350x250 mm | ISBN: 978-84-9749-650-6 | 12 €
Esta edición facsímile reproduce no seu tamaño orixinal as oito páxinas do primeiro número d’A Nosa Terra, saído do prelo o 14 de novembro de 1916. A UDC conmemora con ela, en colaboración coa Deputación da Coruña, o centenario desta publicación clave e seminal na historia de Galicia. Acómpañase dun caderno cunha presentación e tres achegas que facilitan a comprensión do seu valor e do seu devir: unha achega do 1935 de Víctor Casas en Nós, e outras dúas actuais, dos profesores Teresa López e Uxío-Breogán Diéguez.