ISBN: 978-84-9749-927-9 | 2026 | P.V.P.: 15euros | Idioma: galego | Colección: Letras Galegas, n.º2
Autoría: María Besteiros; Emma Pedreira.
Co gallo do Día das Letras Galegas a Universidade da Coruña acode, unha vez máis, a esta cita anual dando ao prelo o presente volume que ten como protagonista a Begoña Caamaño. Da man de dúas boas coñecedoras da súa obra, Emma Pedreira e María Besteiros, quen se achegue ás páxinas que seguen atopará un diálogo crítico e creativo coa súa produción narrativa. Unha aposta, afastada do enfoque conmemorativo convencional, que propón unha lectura activa da obra de Caamaño con que prolongar e actualizar as liñas teóricas e estéticas que a caracterizan e que a sitúan como unha figura central da literatura galega contemporánea.