Cancelación da inscrición e renuncias

Anular solicitudes enviadas

¿Cando?: Sempre que estea aberto o prazo ordinario de solicitudes, poderanse anular cantos envíos previos se teñan feito.

¿Onde?: No Portal do Persoal

¿Como?: Seleccionando no menú, nesta orde:

  • Solicitudes
  • Solicitudes de formación
  • Cancelación acción formativa PAS
  • Seleccionar a/s accións formativas que se queiran anular
  • Gravar e enviar

IMPORTANTE: Tamén quedan anuladas as solicitudes feitas nun envío se posteriormente se fai outro envío con novas solicitudes, sen que consten as do primeiro envío.  Cada envío anula ao anterior.

 

Renuncias

¿Cando?: Logo de publicadas as listas provisionais de admitidas/os, dentro do prazo que se estableza a este efecto . 

¿Onde e como? Comunicando a renuncia por correo electrónico a formacion.pas@udc.es 

IMPORTANTE: Rematado o prazo ordinario de renuncias, as persoas seleccionadas só poderán renunciar á acción formativa:

  • Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
  • Por necesidade do servizo, debidamente motivada, polo/a xefe/a do servizo, unidade ou centro.
  • Por outras causas xustificadas documentalmente.

A renuncia deberá ser comunicada cunha antelación mínima de 3 días hábiles anteriores ao inicio da acción formativa.

A renuncia fora de prazo sen causa debidamente xustificada, implicará pasar ao final das listas de agarda de todas as accións formativas que soliciten no ano seguinte.