Actualización do expediente de formación

¿Cando?: En calquera momento, logo de comprobar a formación que consta no expediente, mirando no Portal de Persoal en: Datos Curriculares (Titulacións oficiais, niveis MECRL de idiomas, e outra formación)

¿Onde?: No Portal do Persoal

¿Como?: Seleccionando nesta orde:

  • Xestión de solicitudes
  • Solicitudes
  • Modificación de datos curriculares
  • Pinchar a incona "Novo", segundo queiramos engadir:
  • Titulacións oficiais e niveis MECRL de idiomas

         ou

  • Outra formación (Formación realizada que non foi convocada pola Xerencia dentro do Plan de Formación do PAS)

 

Haberá que cubrir todos os datos solicitados, engadir o pdf. do certificado que corresponda, logo gravar, e enviar a pendente de validar.

Unha vez comprobados os datos no Servizo de PAS, seralle comunicado á/ao interesada/o a aceptación ou o rexeitamento da solicitude.