Representantes de Igualdade nos centros

A figura de Representante de Igualdade nos centros xorde do II Plan de igualdade da UDC, co obxectivo de desenvolver propostas para orientar a actividade das facultades ou centros en materia de igualdade.

 

Funcións

As persoas que ocupen esta figura, colaborarán coa Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na potenciación de accións específicas, relacionadas co principio de igualdade, que se leven a cabo para a comunidade universitaria da UDC.
A persoa representante será nomeada pola Dirección da OIX e o seu nomeamento será notificado ao decanato do centro e á Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte. A representación será de catro anos renovables.

A súa función fundamental será a de facer de canle de comunicación entre a OIX e os centros e viceversa. Outras das funcións das  representantes descríbese polo miúdo neste enlace.

 

Representantes de Igualdade nos centros da UDC

A Coruña

  • Centro de Investigación en Tecnoloxías de Información e as Comunicacións. Beatriz Botana Barreiro.
  • Edificio de Servicios Centrales de Investigación. Sabina Rodríguez Hermida. 
  • ETS de Arquitectura. María Victoria Otero Piñeiro. 
  • ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. María del Pilar Roel Vilas. 
  • ETS de Náutica e Máquinas. Rebeca Bouzón Otero.
  • EU de Arquitectura Técnica. Marta Benítez García. 
  • EU de Enfermaría. Estela Souto Fernández.
  • Facultade de Ciencias. María Suárez Taboada. 
  • Facultade de Ciencias da Comunicación. Patricia Comesaña Comesaña. 
  • Facultade de Ciencias da Educación. María Mar Rodríguez Romero. 
  • Facultade de Ciencias da Saúde. María de las Mercedes Seoane Bouzas.
  • Facultade de Ciencias do Deporte. María José Mosquera González. 
  • Facultade de Dereito. Jennifer Sánchez González. 
  • Facultade de Economía e Empresa. Ángeles María Longarela Ares. 
  • Facultade de Filoloxía. Rosario Macato Rey. 
  • Facultade de Fisioterapia. Sandra Martínez Bustelo. 
  • Facultade de Informática. Beatriz Pérez Sánchez. 
  • Facultade de Socioloxía. Laura Suárez Grimalt. 
  • Facultade de Turismo. Jakson Renner Rodrigues Soares. 

Ferrol

  • Escola Politécnica Enxeñaría de Ferrol. María Elena Arce Fariña. 
  • EU de Deseño Industrial. Gemma Rojo López. 
  • Facultade de Ciencias do Traballo.  María Asunción López Arranz. 
  • Facultade de Enfermaría e Podoloxía. Carla Freijomil Vázquez.