
As oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas organizamos a II Xornada Universitaria Galega en Xénero que terá lugar o día 12 de xuño no campus de Ferrol da Universidade da Coruña.
A Xornada achégase cada ano aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar.
Este ano a Xornada dirixe unha ollada crítica ás desigualdades de xénero e as causas menos visibles que as provocan no actual mundo globalizado. Así, a II Xornada Universitaria Galega en Xénero abordará tres áreas temáticas:
• Mulleres na ciencia e na tecnoloxía. Coordina: Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.
• Violencia simbólica, violencia real. Coordina: Unidade de Igualdade da Uvigo.
• Migración e xénero. Coordina: Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
ENQUISA DE AVALIACIÓN DA XORNADA
Medios de comunicación: A xornada tivo recpercusión nos medios
Diario de Ferrol (29/06/2014)
Diario de Ferrol (13/06/2014)
Radio Voz ( 12/06/2014)
Igualdade XUNTA (12/06/2014)
Diario de Ferrol (26/05/2014)
El Correo Gallego ( 21/06/2014)