XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

23/04/18 13:44
  • Institucional

luisa_villalta2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo quinta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras.

Participantes

Todos os membros da comunidade universitaria galega ben de xeito individual, ben en grupos.

Modalidades

a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.

b) Unha idea para a promoción do galego.

As solicitudes presentaranse en calquera dos rexistros das tres universidades galegas e dirixiranse aos respectivos servizos/área de Normalización Lingüística.


Prazo de presentación

As 14:00 horas do 25 de outubro de 2018


Premios

1200 € para a persoa ou grupo que elaboren o deseño dunha campaña normalizadora

800 € para a persoa ou grupo que elaboren a idea para a promoción do galego

  

Texto íntegro da convocatoria

 

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística