X Semana dos Cogomelos na UDC

8/10/25 10:07

  • Medio ambiente

Do 20 ao 23 de outubro.

A semana do 20 ao 23 de outubro celébrase a 10ª Edición da Semana dos Cogomelos na Facultade de Ciencias da UDC, coa coordinación da Asociación UDC Big Bang, formada por estudantado de Bioloxía e Química da UDC, que teñen o obxectivo de divulgar a Ciencia e a Tecnoloxía, facéndoas atractivas para todas e todos.

A programación é a seguinte:

  • Preparación da Exposición de cogomelos: Colabora! Este ano a Asociación UDC Big Bang convídavos a colaborar levando os vosos exemplares, que deberedes achegar o luns 20 entre as 10 e 12h. ao vestíbulo da cafetería da Fac. de Ciencias. Máis info e consellos para a recollida AQUI.
  • Do 20 ao 23 de outubro: Exposición de cogomelos.
    • Lugar: Facultade de Ciencias (A Zapateira, UDC), vestíbulo da cafetería.
    • Exposición virtual en instagram.com/udcbigbang en udcbigbang.org 
  • Luns, 20 de outubro, 17:30h.: Saída de campo polo Monte da Fraga con obradoiro de identificación de fungos no campo.
    • Inscricións: udcbigbangdivulgacion@gmail.com, indicando nome completo e NIF.
    • Prazas limitadas. Actividade suxeita ao recoñecemento de créditos para estudantado de grao da UDC (1C=10 horas)

Actividade monitorizada por UDC Big Bang, e  financiada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2025. 

 

 Cartaz X Semana dos Cogomelos na UDC

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade