Voluntariado en 'Charcas con vida'

22/04/25 11:10

  • Medio ambiente

Xoves 8 de maio

O xoves 8 de maio, continuarase coas actividades de voluntariado ambiental no Monte da Fraga, para a restauración da balsa construída no ano 2013 ao abeiro de 'Charcas con Vida' para a creación de biotopos específicos a prol da biodiversidade. 

O Punto de encontro será as  16:00h  na porta principal da Facultade de Ciencias (A Zapateira) ; rematando aproximadamente as 18:00h as labores.

  • Prazas limitadas. INSCRICIÓN OBRIGATORIA.
  • É posíbel anotarse tempo parcial da actividade, mínimo asistencia 1 hora.
  • As actividades da Oficina de Sustentabilidade de educación para a sustentabilidade están suxeitas ao recoñecemento de créditos para alumnado de Grao da UDC (1 créd. = 10 horas de participación).
  • Recoméndase roupa, calzado cómodos, resistentes á auga/humidade do terreo, e levar auga.

Actividade monitorizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e  financiada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2024. 

Formulario de inscrición

 Cartaz da actividade

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade