A Coruña, 17 de xaneiro de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá na sala de Xuntas da Reitoría o acto de toma de posesión de dúas novas profesoras Titulares de Universidade.
Ana Isabel García Díez tomou posesión como profesora Titular da área de coñecemento de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, do departamento de Enxeñaría Naval e Industrial na Escola Politécnica Superior.
Eva Vidal Vázquez tomou posesión tamén como profesora Titular da área de coñecemento de Edafoloxía e Química Agrícola, do departamento de Física e Ciencias da Terra, da Facultade de Ciencias.
Así mesmo, no acto estaban o secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC