O equipo docente de Espazo Compartido participou no Congreso Internacional Universidade e Discapacidade (CIUD 2025), celebrado en Granada os días 19, 20 e 21 de novembro de 2025. Durante estes días compartíronse experiencias, metodoloxías e resultados con profesionais de distintas institucións dedicadas á discapacidade.
Os resultados son claros: avanzase cara unha educación superior que responde mellor ás necesidades reais de cada persoa, promovendo contornos accesibles e oportunidades formativas de calidade. Incidiuse especialmente na importancia de co-crear co alumnado, fortalecer a empregabilidade, impulsar redes de investigación e seguir situando a inclusión no centro da innovación educativa.
O camiño para o profesorado está marcado: deseñar para todas as persoas, adaptar con sentido, escoitar máis e traballar de forma colaborativa entre universidades, entidades e estudantes.
Publicado por: Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social