Mesa informativa “Nin + Nin -” de Cruz Vermella Xuventude

10/11/25 17:14

O martes 26 de novembro, de 10:00 a 12:00, estará instalada no hall común das facultades de Filoloxía e Turismo unha mesa informativa sobre prevención de conductas adictivas do Punto de Información sobre Drogas de Cruz Vermella Xuventude, en colaboración con UDC Saudable.

Trátase dun espazo ao que o alumnado pode achegarse de forma libre para resolver dúbidas e obter información sobre o consumo de substancias, así como para coñecer as canles anónimas de apoio e orientación que ofrece Cruz Vermella Xuventude.

A iniciativa enmárcase na campaña de prevención "Nin + Nin -", e busca promover hábitos saudables e un consumo responsable entre a mocidade universitaria.

Animádevos a participar!

Prevención de conductas adictivas na adolescencia

Publicado por: Facultade de Turismo