UDC Saudable e o Concello da Coruña organizan a II Feira Saúde e Sociedade, unha iniciativa aberta á cidadanía que busca crear un espazo de encontro, participación e sensibilización arredor da saúde, o benestar e a inclusión social.
A feira celebrarase o vindeiro venres, 15 de maio de 2026, nos Xardíns de Méndez Núñez (plan B, en caso de choiva, o evento trasladarase ao Ágora), en horario de 16.00 a 21.00 horas, e reunirá entidades sociais, sociosanitarias, sanitarias, universitarias e cidadás que traballan a prol da calidade de vida, o acompañamento, a promoción da saúde e a participación comunitaria.
A través dos diferentes postos informativos e actividades, as persoas asistentes poderán coñecer de preto recursos, proxectos e iniciativas vinculadas á saúde integral. Trátase dunha oportunidade para achegar a cidadanía ao labor das entidades e fortalecer redes de colaboración entre a universidade, as administracións públicas e o tecido asociativo.
Publicado por: UDC Saudable