Convocatoria de dúas bolsas para o Observatorio do Teatro Galego

20/03/23 11:18

A Universidade da Coruña convoca dúas bolsas de colaboración no Observatorio do Teatro Galego (OTG) destinadas a alumnado da UDC.

  • Bolsa 1, de perfil estatístico, alumnado do Mestrado en Técnicas Estatísticas ou estar a cursar o último ano dun grao que inclúa no seu plano de estudos materias de Estatística en cuxa guía docente se recollan especificamente destrezas de tabulacións de datos e frecuencias, ou estar a realizar estudos de mestrado despois de obter o citado grao
  • Bolsa 2, perfil filolóxico, alumnado do último ano do grao en Galego e Portugués ou realizar estudos de mestrado despois de obter a titulación do grao en Galego ou equivalente.

Duración: 6 meses (1 de maio-31 de outubro)

Prazo aberto ata o 31 de marzo de 2023.

 

 

 

Texto íntegro da convocatoria

 Modelo de solicitude  Declaración xurada

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística