Convocatoria Bolsas Colaboración, curso 2022/23

Convocatoria

22/07/22 9:12

  • Bolsas propias Estudantado

Convocatoria do plan propio da UDC de Bolsas de colaboración para formación complementaria nos departamentos universitarios, nos centros, áreas e unidades universitarias, curso 2022/23

O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 144 bolsas de colaboración que figuran nos Anexo I e Anexo II, co fin de favorecer a formación complementaria do alumnado matriculado nun centro propio da UDC en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, mediante a realización de actividades formativas.

Se fose do teu interese debes revisar se cumpres todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Para formalizar correctamente a túa solicitude debes enchela en dúas plataformas informáticas:

  1. Aplicación da UDC, á que se accede dende a ligazón https://bolsas.udc.es

A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura a un total de 6 bolsas, indistintamente, tanto sexan de departamentos  como de centros propios, áreas ou unidades, por orde de preferencia vinculante, nas que cumpran os requisitos establecidos nos Anexos. No caso de exceder ese número, quedarán anuladas todas as solicitudes presentadas.

Pode modificarse a solicitude e a prioridade das bolsas, antes do fin do prazo de solicitudes.

2. Aplicación do Banco Santander, á que se accede dende a ligazón http://app.becas-santander.com/program/becas-colaboracion-udc-22-23 , na que deberá incluír o código de referencia que reciba no correo electrónico tras realizar a solicitude na aplicación da UDC. O rexistro nesta aplicación e o código xerado pola aplicación da UDC, son únicos con independencia das bolsas solicitadas no punto 1

O prazo de solicitude estará aberto desde o 26 de xullo de 2022 ata as 23:00 h do mércores 7 de setembro de 2022.

Para calquera consulta ou incidencia podes enviar un correo a sape@udc.gal co asunto "bolsas de colaboración".

Revisa as bases da convocatoria

Publicado por: Vic. de Estudantes, Participación e Empregabilidade