A Coruña, 3 de xuño de 2026
A Universidade da Coruña (UDC) a través do seu reitor, Ricardo Cao, participou na mesa redonda “Construyendo la macro-región atlántica: el papel de las ciudades y los territorios”, unha sesión celebrada no marca da Asamblea xeral de Atlantic Cities, na que tamén se aprobou a Declaración Bilbao das Cidades do Arco Atlántico. Alí, Cao destacou o papel estratéxico das universidades na construción dunha futura macrorrexión atlántica.
Cao defendeu que unha estratexia macrorrexional representa unha oportunidade clave para avanzar cara a modelos de cooperación máis eficaces e estruturados. Temos a posibilidade, incidiu, de pasar de espazos fragmentados a verdadeiros ecosistemas de coñecemento a escala atlántica, capaces de conectar investigación, innovación e políticas públicas.
Na súa intervención subliñou que as universidades constitúen un elemento central neste proceso, ao seren xeradoras de coñecemento; axentes de atracción e retención de talento e pontes entre a investigación e o tecido socioeconómico.
Neste contexto, lembrou que as alianzas universitarias están a consolidarse como unha prioridade na axenda europea, especialmente en espazos periféricos como o Arco Atlántico.
A este respecto, iniciativas como CRUSOE e a alianzas universitarias sitúan ás universidades como actores clave neste proceso, contribuíndo activamente á definición e impulso deste novo marco de cooperación europea.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC