A Coruña, 27 de xaneiro de 2020.- A Universidade da Coruña instaura desde este curso os Premios Extraordinarios de Mestrado cos que se recoñece ao mellor alumnado deste nivel académico.
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu hoxe os actos do Día da Universidade que se celebran pola festividade de Santo Tomé de Aquino, que nesta ocasión tivo un dobre acto, debido ao elevado número de alumnado premiado pois os premios de Mestrado teñen efecto desde o curso 2016/2017. O primeiro dos actos foi ás 10:00 horas para facer entrega do recoñemento aos mellores titulados de Mestrado, que levarán un diploma, así como a mención do Premio no seu expediente académico. No segundo acto, ás 12:30 horas entregaranse os Premios á Excelencia Académica no Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, Premios Extraordinarios de Grao UDC-Banco Santander e Premios Extraordinarios de Doutoramento.
Premios Extraordinarios de Mestrado
Curso 2016/2017
|
Diego |
Abalde Herrero |
Mestrado Universitario en Matemática Industrial |
|
Martín |
Abeleira Nogareda |
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético |
|
David |
Ansede Buján |
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos |
|
José |
Baixauli Muñoz |
Mestrado Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega |
|
Sara |
Barrientos de la Llana |
Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña |
|
Elisa |
Barrientos Sambad |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral |
|
Leticia |
Barro Fornos |
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental |
|
Miguel |
Burés Muñiz |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Manuel |
Caeiro Aguado |
Mestrado Universitario en Acuicultura |
|
Álvaro |
Calvo Rodríguez |
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados |
|
Rebeca |
Candal Espiñeira |
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga |
|
Elena |
Canido Muiño |
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións |
|
Sandra |
Carballido Regueiro |
Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas |
|
Alejandro |
Caridad Bouza |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica |
|
David |
Carpente Porral |
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas |
|
Paula |
Casal Beiroa |
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada |
|
Nuria |
Cibeira González |
Mestrado Universitario en Xerontoloxía |
|
Kelly |
Conde Pérez |
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
|
Rubén |
Constenla Vilar |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Belén |
Crespo Seoane |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
|
Manuel Mateo |
Domínguez Álvarez |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Rodolfo |
Doncel Alonso |
Mestrado Universitario en Arquitectura |
|
Sonia |
Dopico López |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
|
Irene |
Esperante Guimaré |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Victoria |
Fernández Fernández |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas |
|
Borja de la |
Fuente Ferreiro |
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial |
|
Adrián |
Grandal López |
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas |
|
Verónica |
Iglesias Fustes |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Diego |
Lareo Castro |
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica |
|
David |
Lema Lema |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática |
|
Irene |
Lorenzo Gómez |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Mª Cristina |
Mariño Villadamigo |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Xian |
Mayo Mauriz |
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde |
|
Paola |
Montalbo Cardo |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada |
|
Luis |
Morenilla Burló |
Mestrado Universitario en Neurociencia |
|
David |
Moreno Naya |
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia |
|
Dayrén |
Mosquera Suárez |
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas |
|
José Antonio |
Muiña Dono |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial |
|
Francisco Javier |
Novoa Blanco |
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade |
|
Míriam |
Núñez Guerrero |
Mestrado Universitario en Arquitectura |
|
Elena |
Otero Lozano |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Pablo |
Pardo Fernández |
Mestrado Universitario en Xeoinformática |
|
Araceli |
Pérez Ramos |
Mestrado Universitario en Tecnoloxías da Edificación Sostible |
|
Belén |
Pose Suárez |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Cristina |
Prado Acebo |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Giulia María |
Rachele |
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas |
|
Cristina |
Ramírez Rodríguez |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
David |
Rivera López |
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítmo |
|
Noelia |
Rodríguez González |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Cristina |
Rodríguez López |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Sara |
Rodríguez Pereiro |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
|
Fátima |
Rodríguez Ruibal |
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas |
|
Alba |
Romero Borrajo |
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas |
|
Joel |
Sánchez Piñeiro |
Mestrado Universitario en Ciencia, Tecnoloxías e Xestión Ambiental |
|
Roi |
Sánchez Tutor |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial |
|
Irene |
Santillán Pena |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Noa |
Sobrado Canosa |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
|
Tania |
Souto Herráiz |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Ana Isabel |
Suárez Borrazas |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos |
|
Cristina |
Suárez López |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías |
|
David Martín |
Utrera Iglesias |
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial |
|
Francisco Antonio |
Uzcategui García |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña |
|
Alberto |
Varela Feijoo |
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía |
|
Paula |
Vázquez Touceda |
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural |
|
Raquel |
Veiga Seijo |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Antía |
Vidal Pita |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Vanessa |
Villamor Labandeira |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Alejandro |
Zulueta Sánchez |
Mestrado Universitario en Avogacía |
Curso 2017/2018
|
Anabel |
Alba González |
Mestrado Universitario en Ciencia, Tecnoloxías e Xestión Ambiental |
|
Laura |
Alonso Vigo |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada |
|
Javier |
Aradas Mariñas |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
|
Inés María |
Bleriot Rial |
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
|
Aitor |
Bouso Gavín |
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións |
|
Andrea |
Cabaleiro Varela |
Mestrado Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega |
|
Lois |
Calviño Sánchez |
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas |
|
Alberto |
Carril Vidal |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña |
|
Alejandro |
Casteleiro Pena |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Tania |
Comesaña Pintos |
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica |
|
Nadia |
Conde Alonso |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica |
|
Laura |
Danis Viqueira |
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas |
|
Lorena |
Di Carluccio Casal |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos |
|
Daniel |
Escobar Ortega |
Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña |
|
Alba |
Fernández Folgueira |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Noa |
Fernández Pazo |
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade |
|
Javier Serafín |
Frade Fernández |
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga |
|
Paula |
Fraga Lamas |
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas |
|
Borja |
Freire Castro |
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
|
Rocío |
García Marín |
Mestrado Universitario en Arquitectura |
|
André |
Garrido Iglesias |
Mestrado Universitario en Edificación Sostible |
|
Lois Alberte |
Gómez Sánchez |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática |
|
Daniel |
Graña Otero |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
|
Isabel |
Grueiro Acción |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral |
|
María José |
Lamas Vázquez |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Alejandro |
Limeres Otero |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Vicente Adrián |
López Chao |
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas |
|
Tania |
López Iglesias |
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural |
|
Alba |
López López |
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas |
|
Sandra |
López Pereiro |
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados |
|
Rubén |
López Sangiao |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial |
|
María Cristina |
Maestro Cortizas |
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial |
|
Diego |
Martín Martín |
Mestrado Universitario en Acuicultura |
|
Cristina |
Martínez Cotelo |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Alba |
Martínez Muíño |
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía |
|
Cristina |
Martínez Reglero |
Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas |
|
María |
Martul Franco |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Adonay |
Méndez Pérez |
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítmo |
|
José Luis |
Modroño Berdiñas |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Leticia |
Mosquera Martínez |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Idoia |
Mouriño Castro |
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia |
|
Miguel |
Nogueira Souto |
Mestrado Universitario en Arquitectura |
|
Paula |
Novo Valencia |
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial |
|
Natalia |
Paz Outumuro |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Alexandro |
Peixoto Rodríguez |
Mestrado Universitario en Neurociencia |
|
Laura |
Pereira López |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías |
|
Irene |
Pérez-Mendaña Piñeiro |
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas |
|
Gustavo |
Piñeiro Villaverde |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Mickael |
Pose Rodríguez |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
|
Aurora |
Redondo García |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Miguel Angel |
Rico Martínez |
Mestrado Universitario en Tecnoloxías da Edificación Sostible |
|
Silvia |
Rodríguez Fernández |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Roberto |
Rodríguez Fernández |
Mestrado Universitario en Xeoinformática |
|
Carolina |
Rodríguez Llorente |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Guillermo |
Rodríguez Monterroso |
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea |
|
María |
Ruiz Manso |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Alejandra |
Sabín López |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
|
Paula |
Sánchez-Harguindey Pereira |
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada |
|
Henrique |
Sanfiz Arias |
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde |
|
Lorena |
Sanín Sánchez |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Leticia |
Santaballa Santos |
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria |
|
Itziar |
Sobrino García |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Alejandro |
Soriano Sutil |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Luis Antonio |
Souto Arias |
Mestrado Universitario en Matemática Industrial |
|
Francisco |
Suárez-Puerta Colomer |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Laura |
Sueiras Martínez |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas |
|
Carlos Enrique |
Vasquez Caldera |
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos |
|
Marta de la |
Vega Ovalle |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral |
|
Nuria |
Vila Fernández |
Mestrado Universitario en Xerontoloxía |
|
Iris |
Vilasánchez Pita |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO , Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Francisco |
Zayas Gato |
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético |
Curso 2018/2019
|
Ana Mabel |
Abella Mantiñán |
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas |
|
Paloma |
Acuña Garrido |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos |
|
Rebeca |
Ameneiros Rodríguez |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
|
Rosa María |
Arcos Fierro |
Mestrado Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega |
|
Lucía |
Ardao Landrove |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral |
|
Héctor |
Baltazar González |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada |
|
Mark |
Barrientos da Silva |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Esteban |
Brea Castro |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Adirane |
Calvo Martínez |
Mestrado Universitario en Edificación Sostible |
|
Uxía |
Casal Baldomir |
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións |
|
Borja |
Casal Fraga |
Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual |
|
Fátima Belén |
Casanova Ruano |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas |
|
Karla Cristina |
Censi |
Mestrado Universitario en Xerontoloxía |
|
María Paula |
Currás Prada |
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións |
|
Marina Ercilia |
Dasso Calvete |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Tania |
de Dios Miguéns |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Elva Gladis |
De la Cruz Obeso |
Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual |
|
Mario |
de Lucio Alonso |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Mariana |
Di Salvatore Veiga |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Naomi |
Diz Rosales |
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
|
María Inmaculada |
Doval Porto |
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade |
|
Cristiane |
Dutra Fernández |
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos |
|
David |
Estévez Vázquez |
Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
|
Mª del Mar Rita |
Fernández Fernández |
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea |
|
Marta |
Fernández Franco |
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada |
|
Nuria |
Fernández Hadi |
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior |
|
Jorge |
Gago Carrera |
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia |
|
Javier |
García Ben |
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía |
|
Irene |
García Clemente |
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial |
|
Manuel |
Garrobo Peral |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Julia |
Gil Molinero |
Mestrado Universitario en Acuicultura |
|
Alejandra |
González Delgado |
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
|
Patricia |
González Pérez |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Estefanía Daniela |
Guerrero Jaramillo |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
|
Carlos |
Hernández Darías |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica |
|
Katlyn Marcela |
Hernández Gil |
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde |
|
Rubén Darío |
Hernández López |
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético |
|
Ana da |
Lama Vázquez |
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial |
|
Ana María |
Leal Rey |
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía |
|
Ramón |
López González |
Mestrado Universitario en Arquitectura |
|
Pablo |
López Prol |
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica |
|
Álvaro |
López Varela |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial |
|
Alba |
Loureiro Vázquez |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Joaquina |
Louro Castro |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
María Elisa |
Machado Torres |
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria |
|
Antía |
Martínez Castro |
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral |
|
Yosua |
Martínez Rodríguez |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Lorena Jaqueline |
Maya Cabrera |
Mestrado Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual |
|
Manuel |
Otero Suárez |
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítmo |
|
Rubén |
Ouro Val |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Rebeca |
Peláez Suárez |
Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas |
|
Sergio |
Pena Esmorís |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Alejandro |
Peral Taboada |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática |
|
Aida |
Pereira Evangelista |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos |
|
Bettina |
Pereiro López |
Mestrado Universitario en Contabilidade Superior |
|
Javier |
Pernas Álvarez |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial |
|
Santiago |
Pillado Pérez |
Mestrado Universitario en Xeoinformática |
|
David |
Quintas Freiría |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña |
|
Hugo |
Regalado Fraile |
Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña |
|
Nuria |
Rico Alonso |
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
|
Nerea |
Rivero Manso |
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria |
|
Marceliano |
Rodríguez Rodríguez |
Mestrado Universitario en Economía |
|
Luis Antonio |
Ruiz Sánchez |
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga |
|
Susana |
Sanmartín Guillén |
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas |
|
Adrián |
Soto González |
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria |
|
Ángela Estefanía |
Tarrío Maneiro |
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados |
|
Humberto Armando |
Teijeiro Jiménez |
Mestrado Universitario en Avogacía |
|
Paula |
Torrente Seco |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Lois Adaihuoma |
Unini |
Mestrado Universitario en Ciencia, Tecnoloxías e Xestión Ambiental |
|
Estela |
Varela Pailos |
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas |
|
Andrea |
Vázquez Carballa |
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías |
|
José Ramón |
Vázquez González |
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas |
|
Lucía |
Vázquez Sesar |
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas |
|
Clara |
Vidal López |
Mestrado Universitario en Profesorado de ESO,, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas |
|
Aranza |
Vila Villar |
Mestrado Universitario en Neurociencia |
|
Miguel Ángel |
Vilar Rodríguez |
Mestrado Universitario en Matemática Industrial |
|
Nuria |
Vivero Sedes |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
Día da Universidade 2020.
Premios extraordinarios fin de máster
Discurso do Reitor, Julio Abalde.
“Prezados membros da comunidade universitaria
Familiares, amigas e amigos:
Como vén sendo costume desde a súa creación, a Universidade da Coruña aproveita a tradicional celebración do San Tomé, patrón do estudantado e Día da Universidade, para facer público recoñecemento dos méritos dos alumnos e alumnas máis destacados en todos os seus centros dos campus da Coruña e de Ferrol.
Este ano temos a satisfacción de entregar, por primeira vez, os premios extraordinarios fin de máster, non só do último curso, senón tamén dos dous cursos anteriores. Deste xeito cubrimos (cando menos en parte) a débeda pendente coas promocións que fixeron os primeiros posgraos oficiais do plan Boloña e poñémonos ao día.
Quero expresarvos a todos e cada un de vós, en primeiro lugar, a miña felicitación persoal, a do equipo de goberno e a do conxunto da nosa comunidade universitaria.
E, en segundo lugar, quero deixarvos constancia do noso agradecemento. O meu persoal, desde logo, pero en especial o da comunidade universitaria, á que teño a honra de representar neste acto simbólico.
Agradecemos o acreditado esforzo e dedicación para completar a vosa formación nos mestrados, con resultados óptimos, merecentes de premios extraordinarios.
O esforzo, a vontade de tirar o máximo proveito dos estudos, constitúe o mellor dos exemplos para o resto de compañeiros e compañeiras que cursan neste momento estudos tanto de máster como de grao ou doutoramento.
E deixádeme engadir tamén o agradecemento do profesorado, porque a vosa dedicación e o voso éxito constitúen un estímulo engadido e un motivo de especial satisfacción par todos os que nos dedicamos á docencia.
∎
Hai só uns días presentouse un amplo estudo da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, a CRUE, para poñer, branco sobre negro, a contribución socioeconómica do sistema universitario español.
Pois ben, nese estudo constátase a rápida aceptación que tivo o máster no sistema educativo español, malia os desaxustes que se produciron inicialmente. Lémbrese que os másteres se introduciron antes mesmo que os propios graos, co que, certamente, se dificultou a configuración de ofertas docentes coherentes nas universidades.
Desde 2008 ata hoxe multiplicouse por catro a demanda para cursar másteres e, unha vez que cada universidade perfilou o seu catálogo de graos, todas fomos ofertando un abano de títulos en consonancia co perfil académico e científico de cada unha.
A Universidade da Coruña enfrontou con rigor este proceso nos últimos anos, ata consolidar unha oferta formativa de algo máis de medio cento de titulacións de máster (a maioría deles de carácter interuniversitario), dos que xa saen cada ano cerca de mil titulados.
Desenvolvemos ese proceso baixo premisas claras de calidade, innovación docente e empregabilidade.
A coherencia e a solidez da oferta de másteres ten que ir acompañada do necesario dinamismo. Dinamismo que nos permite unha continua revisión e actualización, marcadas pola propia especificidade e evolución do título e do ámbito profesional en que se insire.
Os másteres oficiais instauráronse como consecuencia do proceso de converxencia europea da educación superior, coñecido como proceso ou plan Boloña.
No planeamento da Universidade da Coruña propuxémonos entón aproveitar un cambio de tal alcance (en titulacións, metodoloxía, etcétera) como unha oportunidade única para modernizar a nosa capacidade académica.
Ao cabo, a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior implicou unha renovación profunda da oferta educativa da UDC.
Os cambios fixéronse tendo como un dos seus eixes fundamentais establecer unha maior e mellor vinculación coas necesidades do noso contorno social, económico e cultural.
Sen dúbida, no obxectivo de achegar as competencias adquiridas na universidade ás competencias requiridas por empresas e administracións, resulta determinante a calidade e a eficacia dos másteres oficiais.
∎
Unha vez que a comunidade universitaria nos renovou a confianza a min a ao meu equipo, dispoñémonos a avanzar no camiño trazado cun amplo e ambicioso programa de expansión.
Un dos moitos proxectos e ideas que imos poñer en marcha é darlle un impulso notable á obtención dos selos europeos de acreditación, tanto de graos como de mestrados.
Do mesmo xeito, a reconfiguración dos campus como Campus Innova e Campus Sustentabilidade, na Coruña, e Campus Industrial en Ferrol, levaranos a unha actualización da oferta formativa asociada aos campus especializados.
As iniciativas nesta liña serán, obviamente, de moita importancia para o fortalecemento dos nosos másteres e dos que poidamos preparar nun futuro inmediato en colaboración con outros campus, particularmente cos doutros países.
Porque esta, a internacionalización, é outra das liñas estratéxicas sobre as que discorre a xestión da Universidade da Coruña nos últimos anos: potenciar a participación dos nosos investigadores en redes e proxectos europeos e afondar na dimensión académica da internacionalización.
Temos avanzado moitísimo neste ámbito e seguirémolo facendo, porque o mundo globalizado en que andamos a vivir demanda que da universidade saian profesionais co nivel de preparación óptimo para desenvolver o seu traballo en calquera lugar do mundo, cun elevado grao de formación e de capacidade de integración en equipos interdisciplinares.
Imos dotar a UDC dun plan específico de captación de estudantes de grao e de máster e, de xeito paralelo, seguiremos a impulsar os títulos internacionais e os dobre títulos, como xa se vén facendo.
Incrementando os convenios con universidades de todo o mundo e ancheando a oferta de títulos plurilingües e dobres atraeremos máis estudantes estranxeiros.
∎
As universidades do século XXI atópanse no centro dun modelo económico baseado no coñecemento. A sociedade debe ser consciente deste rol reforzado que é decisivo para o seu futuro inmediato.
Cando a Unión Europea formula unha nova axenda para a educación superior nos estados membros está advertindo, con clareza, que non seremos quen de responder aos grandes desafíos, presentes xa no día a día (dixitalización e robotización, por exemplo), sen contar con profesionais de alta cualificación capaces de enfrontalos con solvencia.
Nese obxectivo traballamos e a todas e todos correspóndenos achegar visión de futuro, esforzo, calidade e colaboración.
Remato xa.
Para a Universidade da Coruña é motivo de orgullo recoñecer ao alumnado máis destacado dos másteres oficiais dos tres últimos cursos. Con este acto simbólico facemos público recoñecemento do seu talento e do seu esforzo.
Parabéns de novo e moitas grazas por confiar na Universidade da Coruña”.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC