A UDC ANUNCIA CONVOCATORIAS PÚBLICAS PARA IMPARTIR OBRADOIROS CULTURAIS

29/07/24 11:18

  • Cursos e formación Cultural e social

A Universidade da Coruña (UDC) publica convocatorias para impartir obradoiros en NORMAL-Espazo de Intervención Cultural (Campus de Riazor) e no Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro (Ferrol).

Estas convocatorias, aprobadas pola Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte, buscan fomentar a formación e a expresión artística, tanto dentro como fóra da comunidade universitaria, durante o curso académico 2024/2025.

As convocatorias inclúen obradoiros cuadrimestrais de fotografía, música, escrita, danza, teatro e guión, entre outras disciplinas. Tamén se inclúen obradoiros sobre temas de proposta libre, cunha duración de entre 5 e 15 horas, ofrecendo un espazo para a diversidade creativa.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á data de publicación das convocatorias na Sede Electrónica da UDC e rematará ás 14:00 horas do 9 de setembro de 2024.

 

Podes consultar as bases das convocatorias aquí:

 

Para calquera información adicional pódese escribir un correo electrónico a: normal@udc.gal  co asunto “Convocatorias 2024”.

 

Logo Diputación

More

Publicado por: Cultura