Javier Cudeiro é Doutor en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1987), Especialista en Neurofisioloxía pola Universidade de Londres (1992), Máster en Fisioloxía e Medicina do sono pola Universidade Pablo de Olavide (2007) e Catedrático de Fisioloxía da Universidade da Coruña dende 1999.
A súa carreira profesional desenvolveuse en Alemania (Departamento de Físicas da Universidade de Marburg, 1988), en Inglaterra (Instituto de Oftalmoloxía da Universidade de Londres, 1990-92), EEUU (Universidade de Harvard e Massachusetts Institute of Technology, 2013-14) e en España (Universidade de Santiago y Universidade da Coruña).
Foi profesor visitante da Universidade de Manchester-UMIST, becario do University College de Londres, científico invitado no Departamento de Neuroloxía da Universidade de Harvard, e membro afiliado do Berenson-Allen Center e do Beth Israel Deaconess Medical Center en Boston.
Foi Vicepresidente da Sociedade Española de Neurociencia e Presidente da Sociedade Española de Ciencias Fisiolóxicas (Sociedade que dirixiu dende 2009 a 2016). É membro da European Dana Alliance for the Brain, exvocal do Communication Committee da Federation of European Neuroscience Society e Académico Correspondente por elección da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia.
Recibiu o Premio Nacional de Investigación Fundación APMIB 2001, o Premio Infanta Cristina-Imserso 2004 no apartado de I+D+i (accésit) e o 2º Premio Federación Española de Parkinson 2009.
Na actualidade é Presidente Electo da Sociedade Española de Neurociencia (SENC), coordina o grupo de Neurociencia y Control Motor NEUROcome e dirixe o Centro de Estimulación Cerebral de Galicia.
Interese científico
Na actualidade o seu interés científico é doble. Por unha parte está implicado nunha liña de investigación básica centrada no estudo do procesamento visual, a memoria de traballo e os circuítos feedback. Por outro lado o seu interese relaciónase so control motor humano, as súas alteracións na enfermidade de Parkinson, e diversas estratexias rehabilitadoras como a estimulación sensorial, a realidade virtual e as técnicas de neuromodulación non invasivas (estimulación magnética transcraneal, estimulación transcraneal con corrente directa e campos magnéticos estáticos). Os resultados obtidos polo seu grupo mostraron por primeira vez que o óxido nítrico (NO) xoga un papel fundamental na visión, controlando a trasferencia de información dende o tálamo hacia o córtex. Por outra parte, o laboratorio foi pioneiro en demostrar que o NO tamén desenvolve un papel esencial no control homeostático do sono e o despertar. Investigamos os mecanismos feedback que se establecen entre diferentes niveis de procesamento do sistema visual, esencialmente V1 e o núcleo xeniculado lateral e co córtex prefrontal.
O grupo NEUROcom foi pioneiro na utilización das técnicas de neuromodulación (estimulación magnética transcraneal e imanes estáticos) para estudar o bucle córtico-talámico no sistema visual tanto en primate esperto como en animal anestesiado. Na outra liña de investigación, a do control motor humano, o grupo demostrou que os enfermos de Parkinson dependen críticamente dos estímulos sensoriais (auditivos e visuales) para executar de maneira eficiente os movimentos que teñen máis alterados, como a marcha. Os doentes poden xerar un patrón de marcha menos patolóxico en presencia da adecuada estimulación sensorial, chegando incluso a reducir os bloqueos motores.
Estes descubrimentos levaron a patentar un sistema de estimulación sensorial que permita aos doentes realizar unha marcha máis funcional e ao uso das técnicas de neuromodulación non invasivas e a realidade virtual como ferramentas na neurorrehabilitación dos doentes, o que conduciu á xeración doutra patente. Actualmente, o laboratorio está volcado no estudo dos mecanismos centrais da fatiga e a súa neuromodulación por técnicas non invasivas, ao tiempo que desenvolve un estudo dirixido a avaliar o efecto desas técnicas nas conductas adictivas.
Dende o punto de vista clínico, o profesor Cudeiro realiza uhna labor asistencial no Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, onde emprega técnicas non invasivas para o tratamento de determinadas patoloxías neuro-psiquiátricas.