Bolsas de mobilidade docente STA: Estas bolsas están concibidas para permitir ao PDI da UDC impartir clases nunha institución de educación superior socia no estranxeiro.
Bolsas de mobilidade para persoal da UDC a institucións de ensino superior ou empresas, con fins de formación Erasmus+ STT:
Estas bolsas están pensadas para favorecer a mobilidade do persoal da UDC para completar a súa formación no ámbito da xestión, a administración e a transferencia de resultados e coñecemento.
Erasmus+ Mobilidade entre Países do PROGRAMA e Países ASOCIADOS
O programa Erasmus + ábrelles novas oportunidades de mobilidade internacional aos estudantes e persoal das universidades dende ou ata países non pertencentes ao programa Erasmus*.
* Os Países do Programa Erasmus son os 27 países membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, a antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía. Os Países Asociados son todos os demáis países do mundo.
A Universidade da Coruña participa activamente neste programa solicitando financiamento para a realización de mobilidade de estudantes e persoal entrante e saínte ata estes países asociados.