Este glosario de termos está pensado para a axuda e comprensión de termos relacionados co rexistro horario. Trátase dun recurso meramente informativo.
Acumulados por columnas
Listaxe personalizada de consulta das presenzas, na que podes escoller unha data de inicio e outra de fin; está dispoñible a través do portal do persoal.
Compensación horaria
Posibilidade que ten o persoal de recuperar e compensar o tempo de traballo.
Consulta de marcaxes
Mediante esta funcionalidade pode visualizar as marcaxes e os seus acumulados.
Control de presenza mensual
Listaxe de consulta das presenzas cunha visión mensual dos datos; está dispoñible a través do portal do persoal.
Control de presenza semanal
Listaxe de consulta das presenzas cunha visión semanal dos datos; está dispoñible a través do portal do persoal.
Días inhábiles
Para o RH son considerados inhábiles os sábados, domingos e festivos, ademais dos que acorde o calendario laboral da UDC.
Histórico de marcaxes
Mediante esta funcionalidade a persoa traballadora pode consultar e listar as súas marcaxes previa selección de datas e en formato impreso. Dispoñible no portal do persoal.
Horario fixo de presenza
Parte do horario de presenza obrigatoria (parte fixa do horario).
Horario flexible
Horario que non establece unha hora fixa de entrada e/ ou saída.
Horario flexible por conciliación
Este tipo de horario flexible debe ser autorizado e ten unha parte fixa de presenza personalizada e adaptada ás necesidades da persoa traballadora.
Horario flexible xeral
O horario flexible xeral é automático e ten unha parte fixa de presenza predefinida.
Localidade
O correspondente termo municipal. Para os efectos do establecemento e a concesión de permisos, entenderase por termo municipal o de residencia habitual da persoa solicitante.
Marcaxe
Acción mediante a cal se indica a entrada ou a saída no posto de traballo.
Modalidade de xornada
Presencial ou teletraballo
Modificación de marcaxe
Acción pola que se pode corrixir, borrar ou inserir manualmente unha marcaxe.
Pausa da xornada de traballo
De acordo coa Resolución do 30 de xaneiro de 2019 pola que se regula a xornada, o horario de traballo, as vacacións e a concesión de permisos e licencias do PAS, dispoñemos dunha pausa na xornada de traballo de 30 minutos de duración que computa como traballo efectivo.
Quenda
Mañá / tarde / partida
Rexistro horario
Sistema mediante o cal se rexistran as entradas e saídas do posto de traballo.
Teletraballo
Modalidade de prestación de servizos a distancia en que o contido competencial e funcional do posto de traballo pode desenvolverse, sempre que as necesidades do servizo o permitan, fóra das dependencias da UDC, mediante o uso das tecnoloxías da información e comunicación.
Tempo de traballo efectivo
É todo o tempo transcorrido entre o horario rexistrado de entrada (inicio) e saída (fin).
Tipo de xornada
Total / parcial
Xornada laboral
A xornada de traballo do PAS da UDC realizarase con carácter xeral de luns a venres, cunha xornada semanal de 35 horas semanais (RR 30/01/2019).