O Programa de Bolsas "Oportunidade para o Talento" xorde do compromiso da Fundación ONCE coa inclusión social e a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade e do seu compromiso coa promoción dunha educación inclusiva. Estas bolsas teñen como obxectivo promover a formación de excelencia, a mobilidade transnacional,
a especialización do alumnado con discapacidade en áreas de especial empregabilidade e a formación deportiva. Ademais, o programa pretende aproveitar todo o potencial do seu talento e impulsar as carreiras académicas e investigadoras do alumnado universitario con discapacidade, promovendo así a súa inclusión en postos de traballo altamente cualificados. Poden optar ás bolsas e axudas incluídas no programa todos os estudantes e titulados universitarios con nacionalidade española e unha discapacidade legalmente recoñecida do 33 % ou superior que cumpran
as condicións establecidas na Convocatoria.
Cuantía: ata 3000 euros
Datas: ata o 30 de setembro do 2025.
Máis info en
https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasOportunidadTalento.aspx
A Fundación ONCE lanza a 10ª edición do programa de bolsas de prácticas FUNDACIÓN ONCE-CRUE para o curso académico 2025-2026. O programa ofrece aos estudantes universitarios con discapacidade a oportunidade de realizar prácticas académicas externas remuneradas.
O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Todo o estudantado matriculado en graos e másteres que xa teñan superado o 50 % dos seus créditos e desexen realizar prácticas durante este curso académico poden matricularse desde agora ata o 10 de decembro de 2025 a través: https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasPracticasOnceCrue.aspx
Requisitos: Estudantes cunha discapacidade legalmente recoñecida de, polo menos, o 33 %, matriculadas nas universidades españolas seleccionadas na convocatoria.
Cada universidade participante seleccionará os beneficiarios das bolsas da súa universidade.
Duración das prácticas: 3 meses.
Importe: 1.800 €. 600 €/mes.
Prazo de solicitude da bolsa: Do 8 de xullo de 2025 ao 10 de decembro de 2025.
Período de prácticas: Do 1 de xaneiro de 2026 ao 31 de decembro de 2026.
Programa de axudas económicas destinadas a estudantes con discapacidade que desenvolven estudos en centros educativos e universidades:
2. Ensinos universitarios do sistema universitario español cursados en centros españois ou estranxeiros
Prazo de presentación: Ata o 22 de xullo de 2024
Programa de axudas económicas Reina Letizia destinadas a estudantes con discapacidade
Modalidade das bolsas:
Prazo de presentación: Do 1 de setembro ao 14 de outubro de 2022
A solicitude remata o 6 de outubro do 2025.
Modalidades das bolsas:
El plazo de inscripción para la convocatoria del curso 2022-2023 se abre el 16 de junio y permanecerá activo hasta el 30 de septiembre.
Becas 2022 en Máster, Grado o FP para personas con discapacidad