UNIDADE DE ATENCIÓN Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA CON NECESIDADES DE APOIO ESPECÍFICAS

  • OFICINA DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE
  • BOLSAS E AXUDAS

OBXECTIVOS

Velar polos dereitos da comunidade universitaria con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

Facilitar o acceso á universidade ás persoas con discapacidade ou NEAE, así como garantir a súa posterior inclusión na vida universitaria para potenciar a participación en igualdade e equidade de condicións.

Favorecer  a autonomía das persoas con discapacidade ou NEAE dentro da comunidade universitaria a través de actuacións que faciliten a toma de decisións, os desprazamentos autónomos, a accesibilidade da información e coñecementos. Isto implica tamén traballar cionxuntatmente coas persoas na promoción da vida independente e a autodeterminación.

Acompañar ao estudantado con discapacidade e NEAEs durante o seu tránsito pola vida universitaria.

Asesorar nos posíbeis axustes razonables en todos os elementos do currículum universitario e na accesibilidade física, cognitiva e comunicativa necesarios para afianzar a igualdade, equidade e a participación activa na vida universitaria.

Apoiar a implementación progresiva dos principios do deseño universal, tanto nos espazos e servizos como nos procesos de ensino-aprendizaxe dentro do contexto universitario.

Dinamizar a colaboración entre a universidade e outras institucións ou entidades vinculadas á discapacidade e ás NEAEs.

Formar, informar e sensibilizar a toda a comunidade universitaria en temas relacionados coa discapacidade e as NEAEs.

Establecer redes de traballo colaborativo dentro da universidade e con outras universidades en materia de discapacidade e NEAE.

  • APOIO AO ALUMNADO
  • APOIO AO PROFESORADO
  • NORMATIVA
  • BOLSAS Y AYUDAS
  • DIVULGACIÓN Y RECURSOS