> Axenda
Licenciada en Ciencias Químicas pola USC e Doutora pola UDC (Programa en Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros).
Profesora titular de Universidade no Departamento de Física e Ciencias da Terra, é docente no Grao en Enxeñería en Deseño Industrial e Desevolvemento do Producto e no Mestrado Universitario en Deseño Industrial na EUDI, no Mestrado en Fabricación Aditiva e no Mestrado en Eficiencia Enerxética e Sostenibilidade na EPEF. Coordinadora do Grupo de Innovación Docente RSEn Responsabilidade Social nas Enxeñerías. O seu labor docente mereceu diferentes recoñecementos e premios de innovación docente, especialmente polos seus proxectos de aprendizaxe-servizo. Certificado de excelencia Docentia en 2017 e 2022.
Na empresa privada traballou como técnico de calidade do Laboratorio de Control de Calidade da empresa POLIGAL.
Membro do Grupo de Polímeros e Laboratorio de Plásticos do CITENI, investiga sobre o desenvolvemento de novos compostos poliméricos condutores con aplicacións electrónicas e para impresión 3D. Realizou unha estadía posdoutoral na Universidade do Minho para especializarse en reoloxía. Dirixiu tres teses de doutoramento, publicou 46 artigos, participou en 28 proxectos de investigación concedidos en convocatorias nacionais e internacionais. Obtivo o 2º premio na I edición dos premios de investigación Epifanio Campo 2021.
Foi subdirectora da Universidade Senior e é Directora do Campus Industrial de Ferrol.
Ten recoñecidos tres quinquenios docentes, tres sexenios de investigación e conta con catro anos de experiencia en xestión.