A misión de Protocolo é dar unha resposta adecuada aos actos institucionais, impulsando o seguimento do protocolo e do uso das normas xurídicas básicas do cerimonial, sempre co obxectivo de promocionar e difundir a imaxe da universidade tanto na comunidade universitaria como no resto da sociedade.